Co financiamento de:
/ Portada / Datos estatísticos

Traballadores autónomos: perfil sociodemográfico e sinestralidade laboral 2017

19-09-2018 - INSST

O Estatuto do Traballador Autónomo (Lei 20/2007) supuxo un importante avance no coñecemento das condicións de seguridade e saúde no traballo deste colectivo. Con esta norma faise obrigatoria a cobertura da prestación por accidente de traballo e enfermidade profesional aos denominados traballadores autónomos economicamente dependentes e a aqueles integrados en actividades de maior risco, polo que ano a ano se irá mellorando o nivel de coñecemento do comportamento fronte ao accidente de traballo por parte do colectivo de autónomos.

A orixe desta serie de informes remóntase a finais de 2009, cando o grupo de traballo sobre Traballadores Autónomos da Comisión Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo (CNSST) solicitou ao INSHT a incorporación dunha análise de sinestralidade específica dos traballadores autónomos dentro dos informes anuais que se elaboraran por parte do Departamento de Investigación e Información do INSHT sobre accidentes de traballo.

O presente informe, noveno da serie, ten como obxectivo achegar información orientativa sobre a sinestralidade por Accidentes de Traballo con baixa médica, acontecidos en xornada de traballo e que afectaron ao colectivo de traballadores autónomos coa continxencia de accidentes de traballo e enfermidade profesional (AT e EP) cuberta durante o ano 2017. Ademais, o informe foi completado cunha primeira sección que describe o perfil sociodemográfico deste colectivo de traballadores.

Ligazón a "Traballadores autónomos: perfil sociodemográfico e sinestralidade laboral. 2017"

 

Fonte: INSST

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS