Co financiamento de:
/ Portada / Datos estatísticos

Sinistralidade laboral dos traballadores cedidos por empresas de traballo temporal. Informe xaneiro - decembro 2016

18-05-2017 - INSHT

Neste informe analizáronse 14.710 Accidentes de Traballo con baixa ocorridos entre xaneiro e decembro de 2016, en traballadores cedidos por empresas de traballo temporal. O 10,2% (1.495) ocorreron ao ir ou voltar do traballo e o 89,9% (13.215) na xornada de traballo.

Dos 13.215 Accidentes de Traballo en xornada de traballo:

Rexistráronse 3 accidentes mortais que se distribuíron nas seguintes actividades: “Cultivos perennes”, “Fabricación de outros produtos alimenticios” e “Fabricación componentes, pezas e accesorios para vehículos” e 53 graves, dos que 18 se deron en insdustrias manufactureiras e 8 en peóns do transporte.

Un 78,2% dos accidentados foron homes e un 21,8% mulleres.

Na distribución por sector dos accidentes de traballo destaca en primeiro lugar Industria co 48,9% dos accidentes, seguido de Servizos con 35%, o sector Agrario co 15,3% e a Construción co 0,7%.

En relación con 2014 e 2015, obsérvase un incremento progresivo dos índices de incidencia que afecta, comparativamente, aos 12 meses do ano.

Ligazón: Sinistralidade laboral dos traballadores cedidos por empresas de traballo temporal. Informe xaneiro - decembro 2016

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS