Sinistralidade laboral: Galiza 201512-03-2016 - Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral - Boletín CIG-Saúde Laboral Núm. 18Nos últimos 3 anos a accidentalidade laboral na Galiza vénse incrementando de maneira preocupante, sen que tan sequera esta se poida xustificar co argumento recorrente e interesado que afirma que dito incremento débese en gran medida ao notable aumento da contratación e a actividade laboral. Do ano 2013 ao ano 2015 os/as afiliados/as á Seguridade Social incrementáronse no noso País en 16.762 traballadores/as, o que na práctica supón un minguado incremento do 2,18%. | ![]() |
|---|
Se a este reducido aumento da afiliación lle engadimos o dato que moitas destas altas na S.S. o foron por un tempo extremadamente curto e limitado, tendo como consecuencia un menor volume de horas totais traballadas nestes últimos anos, a consecuencia é clara e directa: os datos de accidentalidade revelan que na Galiza cada vez faise menos e peor prevención.
No cadro seguinte figuran os accidentes laborais en xornada ocorridos en Galiza entre os anos 2013 e 2015, con indicación do índice de incidencia (número de accidentes por 100.000 traballadores/as):
|
Anos |
Accidentes de traballo |
Poboación afiliada |
Índice de incidencia |
|
2013 |
22.366 |
752.336 |
2.972,87 |
|
2014 |
23.214 |
753.836 |
3.079,45 |
|
2015 |
25.348 |
769.098 |
3.295,81 |
Como se pode apreciar, a accidentalidade na Galiza no ano 2014 respecto ao ano 2013 experimentou unha significativa subida do 3,79%. En relación ao ano 2015 o incremento veu a ser dun inadmisible 13,33%, isto é, 2.982 accidentes máis que no ano 2013; un incremento notable da sinistralidade laboral en absoluto xustificado nin proporcional ao incremento experimentado da poboación afiliada á Seguridade Social no noso País.
Número de Accidentes por tipoloxía e o seu índice de incidencia en xornada laboral correspondentes aos anos 2013, 2014 e 2015:
|
Ano |
Leves |
Índice incidencia leves |
Graves |
Índice incidencia graves |
Mortais |
Índice incidencia mortais |
Totais |
Índice incidencia totais |
|
2013 |
21.901 |
2.911,07 |
418 |
55,56 |
47 |
6,25 |
22.366 |
2.972,87 |
|
2014 |
22.726 |
3.014,71 |
429 |
56,91 |
59 |
7,83 |
23.214 |
3.079,45 |
|
2015 |
24.913 |
3.239,25 |
374 |
48,63 |
61 |
7,93 |
25.348 |
3.295,81 |
Número de accidentes en xornada por sector de actividade e gravidade ocorridos na Galiza no ano 2015:
|
Sector |
Leves |
Graves |
Mortais |
Total |
|
Agricultura |
1.247 |
60 |
3 |
1.310 |
|
Pesca |
933 |
36 |
10 |
979 |
|
Industria |
7.206 |
83 |
14 |
7.303 |
|
Construción |
3.091 |
73 |
11 |
3.175 |
|
Servizos |
12.436 |
122 |
23 |
12.581 |
|
Total |
24.913 |
374 |
61 |
25.348 |
Se atendemos á información disponible en relación ao número de accidentes e sector produtivo, atopámonos con que no ano 2015 o sector servizos produciu o 49,63% dos accidentes en xornada laboral, o sector da industria o 28,81%, e xa con menor incidencia sobre o total de accidentes, o sector da construción xerou o 12,53% dos mesmos.
Se atendemos á súa gravidade atopámonos con que no sector servizos producíronse un 32,62% dos accidentes graves e un 37,70% dos accidentes mortais. No sector da industria aconteceron un 22,19% dos accidentes graves e un 22,95% do mortais; e no sector da construción un 19,52% dos graves e un 18,03% dos mortais.
Como podemos ver na táboa e gráfico seguinte, en termos absolutos os homes acumulan o 67,44% dos accidentes rexistrados na Galiza no 2015 en xornada laboral, e as mulleres o 32,56%.
Número de accidentes polo lugar onde aconteceron e xénero do/a traballador/a acidentado/a:
|
Lugar dos accidentes |
Leves |
Graves |
Mortais |
|||
|
Homes |
Mulleres |
Homes |
Mulleres |
Homes |
Mulleres |
|
|
No centro ou lugar de traballo habitual |
11.060 |
6.031 |
146 |
61 |
26 |
3 |
|
En desprazamentos na xornada laboral |
4.229 |
963 |
100 |
10 |
28 |
0 |
|
In itínere |
1.093 |
1.611 |
19 |
38 |
3 |
3 |
|
Noutro centro ou lugar de traballo |
2.197 |
433 |
55 |
2 |
4 |
0 |
|
Total |
18.579 |
9.038 |
320 |
111 |
61 |
6 |
Tanto no caso dos homes como das mulleres, o lugar no que se produciron os accidentes distribuíuse porcentualmente do seguinte xeito: un 61,63% producíronse nos centros habituais de traballo, un 18,96% en desprazamentos dentro da xornada laboral, un 9,84% en traslados in itínere de ida ou volta ao traballo, e un 9,57% noutros lugares ou centros de traballo distintos do habitual.
Se atendemos ás diferencias máis significativas entre homes e mulleres neste apartado, constatamos que:
a) Do conxunto dos accidentes cualificados como graves, o 75,24% corresponderon a homes e o 25,75% a mulleres.
b) Do conxunto de accidentes con resultado de morte, un 91% corresponderon a homes e un 9% a mulleres.
c) No que atinxe aos accidentes consecuencia de desprazamentos dentro da xornada laboral, as diferencias entre xéneros son moi significativas; así a cantidade de accidentes graves deste tipo que afectaron aos homes é 10 veces superior á das mulleres, supoñendo un 91% no caso dos homes e un 9% no das mulleres. En relación aos accidentes mortais por esta mesma causa o 100% afectan exclusivamente a homes.
d) No caso dos accidentes in itínere ocorre ao contrario que na situación anterior; os accidentes graves deste tipo afectaron nun 67% ás mulleres, e nun 33% aos homes. En canto aos accidentes mortais in itínere afectaron nun equilibrado 50% tanto a homes como a mulleres.
e) Se nos referimos aos accidentes acontecidos noutros centros ou lugares de traballo distintos dos habituais, os homes acumulan o 84% do total e as mulleres o 16%, desglosándose como segue en función da súa gravidade; Accidentes Leves: Homes 84%. Mulleres 16%; Accidentes Graves: Homes 96%. Mulleres 4%; Accidentes Mortais: Homes 100%.
Accidentes en xornada acontecidos na Galiza no ano 2015 segundo a idade do/a traballador/a accidentado/a:
|
Idade |
Leves |
Graves |
Mortais |
Total |
|
<16 |
1 |
0 |
0 |
1 |
|
16-19 |
152 |
1 |
0 |
153 |
|
20-24 |
1.183 |
11 |
2 |
1.196 |
|
25-34 |
5.561 |
53 |
6 |
5.620 |
|
35-44 |
8.057 |
96 |
13 |
8.166 |
|
45-54 |
6.517 |
113 |
23 |
6.653 |
|
55-65 |
3.415 |
100 |
17 |
3.532 |
|
>65 |
27 |
0 |
0 |
27 |
|
Total |
24.913 |
374 |
61 |
25.348 |
Se atendemos aos accidentes en relación á súa incidencia porcentual por tramos de idade, atopámonos co seguinte:
a) Accidentes Leves: 35-44 anos 32%; 45-54 anos 26%; 25-34 anos 22%; 55-65 anos 14%.
b) Accidentes Graves: 45-54 anos 30%; 55-65 anos 27%; 35-44 anos 26%; 25-34 anos 14%.
c) Accidentes Mortais: 45-54 anos 38%; 55-65 anos 28%; 35-44 anos 21%; 25-34 anos 10%.
Accidentes laborais en xornada que tiveron lugar no ano 2015 segundo a antigüidade do/a accidentado/a:
|
Antigüidade |
Leves |
Graves |
Mortais |
Total |
|
< 3 meses |
4.394 |
66 |
11 |
4.471 |
|
3-6 meses |
2.826 |
37 |
7 |
2.870 |
|
6-12 meses |
2.105 |
26 |
6 |
2.137 |
|
12-36 meses |
3.460 |
68 |
4 |
3.532 |
|
> 36 meses |
12.128 |
177 |
33 |
12.338 |
|
Total |
24.913 |
374 |
61 |
25.348 |
Como se pode apreciar nos gráficos anteriores, en termos xerais a accidentalidade concéntrase nos segmentos de antigüidade laboral que teñen na Galiza a maioría dos/as traballadores/as ocupados/as: 12 meses de antigüidade ou máis. Mais se atendemos ao segmento correspondente aos traballadores/as cunha antigüidade menor de 3 meses, podemos observar que aínda correspondendo en termos absolutos a un colectivo substancialmente menor e que acumula menos horas e xornadas traballadas, o seu nivel de sinistralidade é extraordinariamente elevado, acadando en todas as escalas de gravidade o segundo posto do ranquing de accidentalidade cun 18% dos accidentes leves, graves e mortais.
Isto quere dicir que a precariedade e temporalidade na contratación, a falta dunha axeitada formación preventiva, a falta de experiencia no posto de traballo, e a ausencia de plans e medidas preventivas rigorosas e efectivas por parte das empresas, ten como resultado indefectible un alto nivel de accidentalidade, especialmente nas novas contratacións realizadas no marco da reforma laboral, sometidas a unha escasa remuneración salarial, unha alta temporalidade e unhas deficientes condicións de traballo.
Número de accidentes na Galiza no ano 2015 por tipo de contrato:
|
Tipo de contrato |
Leves |
Graves |
Mortais |
Total |
|
Autónomos |
1.154 |
63 |
3 |
1.220 |
|
Indefinidos |
14.557 |
190 |
35 |
14.782 |
|
Temporais |
9.202 |
121 |
23 |
9.346 |
|
Total |
24.913 |
374 |
61 |
25.348 |
Como se pode observar na táboa anterior, corrobórase que a contratación temporal tan extendida no noso País a raíz da reforma laboral, aínda tendo un peso relativo substancialmente menor que outros tipos de contratación, con menos horas e menos xornadas traballadas, segue a acaparar unha importantísima e desproporcionada cantidade de accidentes, supoñendo o 36,87% dos accidentes totais, que se desglosan do seguinte xeito: o 36,94% dos accidentes leves, o 32,35% dos accidentes graves e o 37,70% dos accidentes mortais.
Cantidade de accidentes por número de empregados/as da empresa:
|
Nº de traballadores |
Leves |
Graves |
Mortais |
Total |
|
Ningún traballador |
1.154 |
63 |
3 |
1.220 |
|
De 1 a 4 |
3.271 |
55 |
15 |
3.341 |
|
De 5 a 25 |
6.658 |
124 |
22 |
6.804 |
|
De 26 a 50 |
3.117 |
44 |
10 |
3.171 |
|
De 51 a 100 |
3.004 |
19 |
4 |
3.027 |
|
De 101 a 250 |
3.245 |
20 |
3 |
3.268 |
|
De 251 a 500 |
1.607 |
12 |
3 |
1.622 |
|
De 501 a 1.000 |
991 |
13 |
0 |
1.004 |
|
Máis de 1.000 |
1.866 |
24 |
1 |
1.891 |
|
Total |
24.913 |
374 |
61 |
25.348 |
Como se pode apreciar na táboa de datos anterior e no gráfico seguinte, a accidentalidade na Galiza atendendo ao número de empregados das empresas, afecta especialmente ás denominadas PEMES, pequenas e medianas empresas que non superan os 250 traballadores/as e que son a base do tecido e da estrutura produtiva galega. Así, na Galiza as PEMES no ano 2015 concentraron o 82% dos accidentes leves, o 87% dos accidentes graves e o 93% dos accidentes con resultado de morte.
Número de enfermidades profesionais con baixa notificadas durante o ano 2015, diferenciándose por sexo e grupo de clasificación:
|
Grupos Enfermidades Profisionais |
Nº partes |
||
|
Home |
Muller |
Total |
|
|
Grupo I |
20 |
14 |
34 |
|
Grupo II |
248 |
271 |
519 |
|
Grupo III |
4 |
26 |
30 |
|
Grupo IV |
30 |
14 |
44 |
|
Grupo V |
11 |
36 |
47 |
|
Grupo VI |
0 |
0 |
0 |
|
Total |
313 |
361 |
674 |
Grupo 1: Enfermidades profesionais causadas por axentes químicos. Grupo 2: Enfermidades profesionais causadas por axentes físicos. Grupo 3: Enfermidades profesionais causadas por axentes biolóxicos. Grupo 4: Enfermidades profesionais causadas por inhalación de substancias e axentes non comprendidas noutros puntos. Grupo 5: Enfermidades profesionais da pel causadas por substancias e axentes non comprendidos nalgúns dos outros puntos. Grupo 6: Enfermidades profesionais causadas por axentes carcinoxénicos.
No ano 2015 notificáronse na Galiza un total de 674 enfermidades profesionais con baixa, cantidade esta a todas luces moi por debaixo da situación real, debido en gran medida á gran bolsa de infradeclaración existente e ás extraordinarias e sistemáticas dificultades que poñen as Mutuas para recoñecer a orixe laboral destas doenzas.
Para mostra un botón: Quen se pode creer sen ruborizarse que no ano 2015 non houbo na Galiza un só caso de enfermidade profesional causada por axentes canceríxenos? É evidente que o sistema de detección de enfermidades profesionais non funciona axeitadamente, e tamén é evidente que existen intereses para que non funcione. En contraposición e como consecuencia, os dereitos fundamentais e inalienables dos/as traballadores/as á saúde e á vida, son utilizados como unha mera mercadoría e un resultado de dividendos económicos.
En calquera caso, dos datos recollidos na Galiza no ano 2015 podemos concluír que:
As enfermidades profesionais con baixa notificadas, cunha maior incidencia, son as causadas por axentes físicos (Grupo II), supoñendo un destacado 77% dos casos notificados.
Onde se aprecian diferencias significativas de incidencia en relación ao xénero, son por unha parte nas enfermidades causadas por axentes biolóxicos (Grupo III), cunha prevalencia do 87% nas mulleres fronte a unha do 13% nos homes; nas enfermidades profesionais da pel causadas por substancias e axentes non comprendidos nalgúns dos outros puntos (Grupo V), cunha prevalencia do 77% nas mulleres e un 23% nos homes, e nas enfermidades profesionais causadas por inhalación de substancias e axentes non comprendidas noutros puntos (Grupo IV), cunha prevalencia do 68% neste caso nos homes, fronte ao 32% das mulleres.
Dende a promulgación primeiro da reforma laboral do PSOE do ano 2010, e posteriormente no ano 2012 coa aplicación da reforma laboral do PP, o mercado laboral no Estado español está a sufrir unha acelerada e continua desestruturación que, ademais de supoñer unha perda de dereitos sen parangón na historia democrática, vén de abocar a un empeoramento substancial das condicións de traballo agravadas estas polo evidente, progresivo e continuado deterioro da situación preventiva nas empresas.
Así as cousas, unha das consecuencias derivadas da crise económica e do modelo elixido polos poderes neoliberais para a súa superación, é que como práctica xeral as empresas invisten menos en seguridade e en prevención, diminuíndo dun xeito significativo a eficacia dos medios e das medidas postas en xogo para garantir a seguridade e a saúde laboral dos/as traballadores/as.
Neste contexto as consecuencias non podían facerse esperar: incremento significativo da sinistralidade no conxunto do Estado, e especialmente en territorios como o galego, no que por unha banda as pequenas empresas que conforman o 90% do tecido produtivo do noso País non rematan de adquirir unha verdadeira cultura preventiva, e por outra, unha administración autonómica insensibilizada e inoperativa, incapaz de poñer en marcha políticas preventivas axeitadas á nosa realidade produtiva, así como de estabelecer un marco de esixencia e rigor no cumprimento normativo, acompañado este da necesaria implementación de políticas preventivas eficaces.
Podes imprimir este artigo cos gráficos, en formato folleto, no PDF adxunto.