Poboación traballadora migrante: perfil sociodemográfico e sinistralidade24-07-2023 - INSSTO presente informe do INSST ten como obxectivo coñecer e avaliar a sinistralidade e as condicións de traballo existentes para a poboación traballadora migrante no Estado. Para iso analízanse os aspectos máis relevantes en relación coa estrutura demográfica e coa sinistralidade do devandito colectivo. O Observatorio Estatal de Condicións de Traballo elabora este estudo para dar resposta ao obxectivo 4 “Reforzar a protección das persoas traballadoras en situación de maior risco ou vulnerabilidade” da Estratexia Española de Seguridade e Saúde no Traballo 2023-2027. En concreto, o informe atende a necesidade fixada na liña de actuación número 7 “Mellora da protección das persoas traballadoras móbiles e migrantes, incluídos os temporeros” de analizar “os datos de accidentes de traballo por nacionalidade e sector de actividade co fin de impulsar actuacións nos colectivos de maior incidencia”. |
|---|