Módulo ad hoc da EPA11-03-2014 - Enquisa de poboación activaA Enquisa de Poboación Activa (EPA) é unha investigación continua e de periodicidade trimestral dirixida ás familias e realizada polo Instituto Nacional de Estatística desde 1964 para obter datos da forza de traballo e das súas diversas categorías (ocupados, parados), así como da poboación allea ao mercado laboral. Desde o ano 1999, esta enquisa compleméntase cos denominados módulos ad hoc (literalmente, do latín: para isto). As enquisas ad hoc son as que se deseñan para alcanzar un obxectivo específico, non xeralizable nin utilizable para outros propósitos. | ![]() |
|---|
Os temas destes módulos específicos cambian cada ano e serven, fundamentalmente, para ofrecer indicadores necesarios para o emprendimiento
de iniciativas políticas europeas, entre as que se atopan a Estratexia Europea de Emprego, a iniciativa Mocidade en Movemento e a Estratexia para a Igualdade entre Mulleres e Homes, a Axenda Europea para a Integración, o Paquete de Emprego e Europa 2020.
Nesta ligazón da EPA pódese acceder aos informes publicados até agora, que aparecen relacionados a continuación:
Ano 1999. Accidentes e enfermidades laborais.
Ano 2000. Transición da educación ao mercado laboral.
Ano 2001. Relacións laborais especiais e de condicións e horarios de traballo.
Ano 2002. Persoas con discapacidade e a súa relación co emprego.
Ano 2003. Cursos de educación/formación recibidos nos últimos 12 meses.
Ano 2004. Organización e duración da xornada laboral.
Ano 2005. Conciliación entre a vida laboral e familiar.
Ano 2006. Saída do mercado laboral e transición cara á xubilación definitiva.
Ano 2007. Accidentes de traballo e enfermidades profesionais.
Ano 2008. Situación dos inmigrantes e os seus fillos en relación co mercado laboral.
Ano 2009. Módulo incorporación dos mozos ao mercado laboral.
Ano 2010. Módulo sobre conciliación entre a vida laboral e familiar.
Ano 2011. Módulo sobre problemas de saúde e a súa relación co emprego.
Ano 2012. Módulo de transición da vida laboral á xubilación.
Ano 2013. Accidentes laborais e outros problemas de saúde relacionados co traballo (Non incluído aínda. Ver resumo en inglés en Eurostat).
Ano 2014. Situación dos inmigrantes e os seus fillos en relación co mercado laboral. (Non incluído aínda. Ver resumo en inglés en Eurostat).
Fonte: ergaonline, INSHT