Co financiamento de:
/ Portada / Datos estatísticos

Migracións e mercado laboral

26-05-2025 - DATOS ESTATÍSTICOS

A finais de 2024, o Estado contabilizaba 21,34 millóns de afiliados, en termos desestacionalizados, cun incremento de 1,5 millóns dende a posta en marcha da reforma laboral. Do total, 611.013 son traballadores estranxeiros (40,4%). Só no último ano, o 40,1% do emprego creado (202.616 sobre un total de 505.315) corresponde a traballadores/as estranxeiros/as. Co que se incorporaron ao mercado laboral 289.910 traballadores do Esatdo e 212.042 afiliados estranxeiros.

Nos últimos anos o Estado experimentou,  unha transformación demográfica sen precedentes. Dende 2018, a poboación medrou a un ritmo moito maior que o dos países da nosa contorna, un 4,2% fronte ao 2,1% de Francia ou en comparación con Italia, que perde poboación. O Estado pasou de contar con 46,6 millóns de habitantes en 2018 a 48,6 millóns a principios de 2024, segundo os datos publicados na Radiografía da migración no mercado laboral, que presentou recentemente o Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións.

A ministra de Inclusión, Seguridade Social e Migracións, Elma Saiz, destacou que “esta gran transformación demográfica ten a súa cara máis visible no mercado de traballo. O emprego non tería medrado tanto nestes últimos anos se non fóra pola achega de persoas traballadoras estranxeiras".

Evolución do mercado laboral

A finais de 2024, o Estado contabilizaba 21,34 millóns de afiliados, en termos desestacionalizados, cun incremento de 1,5 millóns dende a posta en marcha da reforma laboral. Do total, 611.013 son traballadores estranxeiros (40,4%). Só no último ano, o 40,1% do emprego creado (202.616 sobre un total de 505.315) corresponde a traballadores/as estranxeiros/as. Co que se incorporaron ao mercado laboral 289.910 traballadores do Esatdo e 212.042 afiliados estranxeiros. 

O secretario de Estado da Seguridade Social e Pensións destacou que, “nos últimos anos, o emprego dos estranxeiros medrou máis rápido que o dos nacionais, o que incrementou a súa participación no mercado laboral. A finais de 2024, a proporción de estranxeiros sobre o total situábase no 13,5%, unha porcentaxe que era do 10,4% en 2018”.

Actividades de alto valor engadido

A achega dos migrantes é cada vez máis destacada en actividades de alto valor engadido. Entre as actividades que experimentaron medres de afiliados estranxeiros superiores á media (3%) desde 2018 destaca a de Información e Comunicacións (4,9%), ademais de Construción (por encima do 6%) e Hostalería (5,5%).

Outro indicador do peso crecente das persoas migrantes no noso mercado laboral é a poboación activa. A partir de 2018, a poboación estranxeira ten restablecido o seu papel como principal impulsor do crecemento do grupo de persoas en idade de traballar no Estado easpañol. Más do 70% do incremento deste indicador nos últimos anos débese á poboación estranxeira en idade de traballar que pasou de 2,8 millóns en 2018 a 3,9 millóns en 2024, segundo os últimos datos da Enquisa de Poboación Activa (EPA). No conxunto do Estado, a poboación activa supera os 24,4 millóns de persoas, fronte aos 22,8 de 2018.

A poboación estranxeira amosa un maior peso da xente moza entre os afiliados á Seguridade Social. Do total de afiliación estranxeira, o 34,1% ten menos de 35 anos. Se miramos o conxunto dos afiliados/as, esta porcentaxe baixa ao 25,5%, mentres que entre os afiliados estatais sitúase no 24,2%.

Integración da poboación migrante

O Estado español experimentou un medre de poboación nos últimos 6 anos do 4,2%, pasando dos 48,6 en 2018 aos 48,8 de 2024. A data do 30 de xuño de 2024, contabilizáronse 7.027.810 persoas estranxeiras con documentación de residencia en vigor en España, o que supón un incremento de 1.661.452 persoas desde a mesma data de 2018.

A reforma de 2022 profundou na figura do arraigamento, pasando a ser unha ferramenta garantista e xeradora de emprego para moitos miles de persoas. Así, entre agosto de 2018 e setembro de 2024, concedéronse un total de 437.916 autorizacións. Por poñelo en contexto, o número de autorizacións concedidas en 2018, desde agosto, foi de 63.856”.

O Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións está a traballar no ámbito lexislativo e executivo para a aprobación do novo regulamento de estranxeiría, que prevé regularizar a unhas 900.000 persoas raballadoras en tres anos para a súa integración no mercado laboral. Esta reforma abrirá a posibilidade de traballar, dende o primeiro día, tanto a persoas que se acollan ao arraigamento en cada unha dos seus cinco figuras como a estudantes para a captación de talento.

Ademais, trabállase no desenvolvemento dun Plan de Integración, que ten na inclusión laboral das persoas migrantes un dos seus piares básicos; e a aprobación dun novo catálogo de postos de difícil cobertura.

 

FONTE: MINISTERIO DE INCLUSIÓN, SEGURIDADE SOCIAL E MIGRACIÓNS

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS