Informe sinistralidade laboral Galiza 201129-06-2012 - ISSGANesta monografía ofrécese un compendio dos datos de sinistralidade laboral en Galiza durante o ano 2011. Esta publicación elaborouse coa información obtida dos partes de accidentes de traballo e enfermidades profesionais notificados á autoridade laboral galega mediante os sistemas Delt@ (Declaración Electrónica de Traballadores Accidentados) e CEPROSS (Comunicación de Enfermidades Profesionais na Seguridade Social), dos traballadores afiliados á Seguridade Social que teñan cubertas as ditas continxencias. | ![]() |
|---|
A información atópase agrupada baixo os epígrafes:
• Accidentes de traballo con baixa
• Accidentes de traballo mortais
• Enfermidades profesionais
• Variación interanual dos accidentes con baixa en xornada de traballo ocorridos nos últimos dez anos
• Índices de incidencia.
Poden visualizarse os datos no total de Galiza e separados por provincias.
Ligazón ao documento Informe sinistralidade laboral Galiza 2011
Fonte: ISSGA