Informe de saúde laboral 2001-201020-03-2013 - CISALA primeira década do século XXI veu marcada polo enorme impacto da crise económica sobre o emprego e, derivado diso, sobre a saúde dunha poboación traballadora que ve como se estancan as melloras nas condicións de traballo e percibe cada vez máis negativamente o seu propio nivel de saúde, a pesar de que a incidencia de lesións de orixe laboral veu descendendo de forma continuada dende o ano 2001. | ![]() |
|---|
Os obxectivos que persegue este Informe son:
1) Describir o contexto sociolaboral, as condicións de traballo e os danos á saúde relacionados co traballo durante o período 2001-2010 en España.
2) Considerar o impacto da crise económica iniciada en 2008, comparando as tendencias no subperíodo previo 2001-2007 co posterior de 2008-2010.
3) Propoñer recomendacións que poidan axudar a mellorar as políticas de saúde laboral no estado español.
Dende o enlace accedes ao "Informe de saúde laboral 2001-2010"