Co financiamento de:
/ Portada / Datos estatísticos

Informe anual de accidentes de traballo

22-10-2025 - INSST

No Estado, durante o ano 2024, rexistráronse 647.200 accidentes de traballo con baixa. A maioría producíronse durante a xornada laboral, en concreto 556.385 accidentes, que supoñen o 86,0 %. O resto, 90.815 accidentes, tiveron lugar durante o traxecto do domicilio ao centro de traballo ou viceversa; son os que se denominan accidentes de traballo con baixa in itinere, que representaron o 14,0 %.

Do total dos accidentes de traballo con baixa en xornada de traballo, os homes accidéntanse máis que as mulleres durante a xornada de traballo, o 90,3 % dos homes fronte ao 77,1 % das mulleres. Con todo, as mulleres sofren un maior número de accidentes in itinere (22,9 % fronte 9,7 %).

Do total de accidentes, 524.471 sufriunos a poboación traballadora asalariada, que supuxeron o 94,3 % destes accidentes. A poboación traballadora por conta propia sumou 31.914 ATXT, que representaron o 5,7 % dos mesmos.

Aínda que este informe céntrase no estudo dos accidentes de traballo en xornada de traballo, incorpora como novidade unha análise dos accidentes de traballo in itinere, ofrecendo os resultados máis relevantes.

O índice de incidencia do ano 2024 foi de 2.732,6 accidentes de traballo con baixa en xornada de traballo por cada 100.000 traballadores afiliados á Seguridade Social coa continxencia de accidentes de traballo e enfermidade profesional cuberta. Este valor nos homes foi de máis do dobre que nas mulleres (3.622,2 fronte a 1.721,7 en mulleres).

O sector de actividade con maior índice de incidencia foi construción que supera en máis do dobre a media dos índices sectoriais. A continuación, atópase o sector industria seguido polo sector agrario, sendo ambos os datos superiores á media. O sector servizos é o único que se sitúa por baixo da media. O comportamento deste índice nos homes é similar ao total e nas mulleres é diferente: o índice máis alto produciuse no sector agrario seguido do sector industria, que superan a incidencia total nas mulleres. O sector Servizos e Construción sitúanse por baixo da incidencia total nas traballadoras.

A ocupación que presentou unha maior taxa de incidencia nos homes en 2024 foron os peóns das industrias manufactureiras (26.034,1) e nas mulleres foron o persoal recolledor de residuos urbanos, vendedoras rueiras e outras (10.134,5).

Mentres nos homes os maiores índices de incidencia concéntranse en actividades de silvicultura e de carácter industrial e de construción, nas mulleres asócianse principalmente a actividades de transporte e almacenamento no sector de servizos e actividades sanitarias e de servizos sociais ou xestión de residuos e descontaminación.

Tanto os homes como as mulleres presentaron formas similares de accidentarse. Nas mulleres destacaron os choques ou golpes contra obxecto inmóbil, que representaron o 33,9 % do total dos ATXT nas mulleres e os sobreesforzos (30,6 %). Nos homes, sobresaen os sobreesforzos, que representaron o 29,4 % do total dos ATXT nos homes, seguidos dos choques ou golpes contra obxecto inmóbil (traballador en movemento) (24,8 %).

Ligazón ao Informe anual de accidentes de traballo en España. INSST 2024

 

 

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS