Infografías Saúde Laboral 202322-10-2024 - INSSTO INSST pon ao dispor as Infografías: Accidentes laborais de tráfico, Accidentes de traballo con baixa en xornada de traballo segundo sectores e tipo de contrato, Accidentes de traballo con baixa en xornada de traballo, segundo forma, sexo, idade e gravidade e Anos potenciais de vida perdidos por accidente laboral. Son resumos baseados en imaxes e gráficos con datos básicos do tema de saúde laboral considerado, que sitúan ao lector nun coñecemento esencial da materia en cuestión. Requiren coñecementos básicos para a súa interpretación e pretenden ser un recurso máis para a sensibilización e a prevención. |
|---|
É habitual que unha situación poida avaliarse de forma numérica con máis dun indicador estatístico, ou que necesite varios para facelo de forma adecuada; é tarefa do INSST achegar a información estatística á maior parte de usuarios posible, e con este obxectivo presenta estas infografías.
Accidentes laborais de tráfico:
Nesta infografía represéntase mediante gráficos e de maneira simplificada os datos sobre os Accidentes laborais de tráfico do ano 2023.
Ligazón á Infografía: Accidentes laborais de tráfico. INSST 2023
Accidentes de traballo con baixa en xornada de traballo segundo sectores e tipo de contrato:
Nesta infografía móstranse mediante gráficos e de xeito simplificado os datos sobre os Accidentes de traballo en xornada de traballo (ATXT) ocorridos no ano 2023, segundo sector e tipo de contrato.
Ligazón á Infografía: Accidentes de traballo con baixa en xornada de traballo segundo sectores e tipo de contrato. INSST 2023
Accidentes de trabajo con baixa en xornada de traballo segundo forma, sexo, idade e gravidade:
Nesta infografía preséntanse mediante gráficos e de xeito simplificado os datos sobre os Accidentes de traballo en xornada de traballo (ATXT) ocorridos no ano 2023, segundo forma, sexo, idade e gravidade.
Ligazón á Infografía: Accidentes de trabajo con baixa en xornada de traballo segundo forma, sexo, idade e gravidade - INSST 2023
Anos potenciais de vida perdidos por accidente laboral
Nesta infografía móstranse, mediante gráficos e de maneira simplificada, os datos sobre os anos potencialmente perdidos polos traballadores/as falecidos no ano 2023.
Ligazón á Infografía Anos potenciais de vida perdidos por accidente laboral