Incremento dos accidentes laborais no ano 201622-02-2017 - SINISTRALIDADESegundo os datos publicados polo Ministerio de Emprego e Seguridade Social, durante o pasado ano rexistrouse un incremento do 5% no número de accidentes de traballo con baixa: así durante o 2016 producíronse 555.722 sinistros, dos cales 480.051 tiveron lugar durante a xornada laboral e 75.671 foron in itínere. |
---|
Todos os sectores de actividade rexistraron un maior número de sinistros que no ano anterior, destacando Servizos con 295.026 accidentes, seguido do da Industria con 100.451 accidentes.
A mortalidade descendeu no ano 2016 un 3,5%, rexistrándose 607 accidentes de traballo con resultado de morte dos que 476 tiveron lugar durante a xornada de traballo e 131 durante algún desprazamento in itinere.
En relación ao índice de incidencia, o máis alto sitúase nas Industrias extractivas con 10.047´6 accidentes por cen mil traballadores, seguido da Construción con 6.994´3, Suministro de auga, saneamento e xestión de residuos con 6.563´3, Transporte e almacenamento con 5.264´3, Industria manufactureira con 5.146´5 e Agricultura, gandería, silvicultura e pesca con 5.066´7, todas por enriba da incidencia media, situada en 3.302´0 accidentes por cen mil traballadores.
Ligazón á Estatística de accidentes de traballo, Ministerio de Emprego e Seguridade Social