Enfermidades profesionais en Galiza no cuarto trimestre do 201212-02-2013 - ISSGADo total de partes, 139 foron con baixa e, por sexos, 147 dos afectados eran homes e 132 mulleres. Os sectores da industria e dos servizos son os que rexistraron máis partes de enfermidades profesionais. Por provincias, o maior número de partes procede de Pontevedra, onde se notificaron 148, deles 78 cursaron sen baixa. Na Coruña houbo 78 comunicacións, delas 30 sen baixa; en Ourense rexistráronse 29 partes, dos que 20 foron sen baixa; e en Lugo houbo 24 casos, 12 deles sen baixa. | ![]() |
|---|
No sector da industria producíronse 127 casos e no sector de servizos 123; segue o sector da construción, que rexistrou 26 partes; da pesca, con 2 partes; e da agricultura, con 1 caso. Na industria as notificacións afectan en maior grao ao colectivo masculino e nas rexistradas no sector dos servizos, ao feminino. En ambos casos, a maioría das patoloxías detectadas son provocadas por axentes físicos, e máis concretamente lesións osteomusculares.
Por grupos de enfermidades, o maior número de casos foron provocados por axentes físicos, 208, dos que 99 foron sen baixa e das que as provocadas por posturas forzadas e movementos repetitivos no traballo supoñen o maior número de enfermidades deste grupo.
O seguinte grupo é o das enfermidades por inhalación de sustancias e axentes non incluídos nos outros grupos con 28 casos, deles 22 sen baixa. No grupo de enfermidades provocadas por axentes químicos comunicáronse 17 casos, deles 11 sen baixa; no de enfermidades da pel por sustancias e axentes non comprendidos nos outros grupos houbo 13 partes, deles seis sen baixa; de axentes biolóxicos houbo 12 partes, soamente un sen baixa; e no grupo de axentes carcinóxenos só houbo un parte de enfermidade e foi sen baixa.
Ligazón á información estatística das enfermidades profesionais de outubro - decembro de 2012
Fonte de datos: ISSGA