DATOS SINISTRALIDADE ESTATAIS17-12-2025 - DATOS ESTATÍSTICOS. INSST |
|---|
Índice de incidencia de accidentes de traballo con baixa por sector e gravidade e por CCAA: Neste apartado analízase a sinistralidade laboral do último período de doce meses dispoñible e se compara co mesmo período anterior. Ligazón
Informes anuais de accidentes de traballo
Neste apartado do "Observatorio" atoparemos estudos que analizan a siniestralidade laboral no Estado por anos, mediante o exame de diferentes variables que caracterizan os accidentes de traballo, como o sector, a gravidade, a actividade económica, a tipoloxía do accidente, etc.
Análise da mortalidade por accidente de traballo no Estado
Dende 2002 realízase este proxecto do INSSBT que ten entre os seus obxectivos coñecer de forma precisa o perfil do accidente de traballo mortal e as súas causas. Baséase nas investigacións que os Organismos técnicos das CCAA fan dos accidentes de traballo mortais. A variable fundamental na investigación dun accidente de traballo son as súas causas, polo seu interese preventivo á hora de tomar medidas para evitar a repetición do accidente. Os sistemas de información actuais non permiten un estudo de ámbito nacional que identifique e analice as causas que os producen, con todo este proxecto permite achegar información neste sentido. Ligazón aos Análises da mortalidade por accidente de traballo no Estado.
Actividades Económicas
Neste apartado o Observatorio proporciona informes que analizan as condicións de traballo de diferentes actividades económicas
Actividades prioritarias en función da sinistralidade
Estudos do sector da Construción
Estudos do sector marítimo pesqueiro
Estudos do sector servizos: consutores profesionais, transporte terrestre, transporte ferroviarios, asistencia en centros residenciais...
Estudos do sector da Madeira e Industria
Accidentes de traballo por sobresforzos e TME
O obxectivo do informe é analizar a sinistralidade laboral por sobresforzos dende un enfoque epidemiolóxico con fin de aportar datos pormenorizados de interese na planificación preventiva, que poidan ser de utilidade para todos os axentes implicados.
Ligazón aos Estudos de sobresforzos e TME.
Accidentes Laborais de Tráfico
Neste apartado do Observatorio atoparemos estudos sobre Accidentes de traballo relacionados co tráfico dende o ano 2007 ata a actualidade.
Ligazón aos Informes anuais de Accidentes Laborais de Tráfico.
Traballadores autónomos: perfil sociodemográfico, sinistralidade laboral e condicións de traballo
Este informe, ten como obxectivos achegar información orientativa sobre a sinistralidade por accidentes de traballo con baixa médica, ocorridos en xornada de traballo (ATJT) e que afectaron ao colectivo de traballadores autónomos con continxencia de accidente de traballo e enfermidade profesional (AT e EP ) e analizar as condicións de traballo dos autónomos. Ligazón aos Estudos sobre traballadores autónomos.
Sinistralidade laboral dos/as traballadores/as cedidos por empresas de traballo temporal
Neste apartado do Observatorio atopamos estudos que examinan como se comporta a sinistralidade laboral nas empresas con traballadores cedidos por Empresas de Traballo Temporal (ETT).