Crece a sinistralidade no primeiro semestre do 201508-09-2015 - DATOS ESTATÍSTICOSO número de accidentes laborais con baixa, sen contar os accidentes in itínere, creceron un 6,7% no primeiro sementre do ano no Estado español. Tamén crece o número de accidentes in itínere, un 7,7%, e os accidentes mortais, un 3,3%. | ![]() |
|---|
Aínda que a maior parte dos accidentes mortais tiveron como vítimas a traballadores/as do sector servizos, sector no que a porcentaxe de accidentes con resultado de morte creceu un 11,9% en relación ao ano anterior, é no sector industrial onde se rexistra un incremento da accidentabilidade maior, un 30,4%.
Segundo os datos do Ministerio de Emprego, as principais causas de falecemento de traballadores/as durante a xornada laboral foron os infartos e os derrames cerebrais, nunha porcentaxe dun 8,1% menos que no mesmo período do ano anterior. Soben os accidentes sufridos ao chocar ou golpear un obxecto en movemento nun 310%; e baixan os falecementos por accidente de tráfico (terceira causa de falecemento no traballo) un 17,1%.
Do total dos accidentes laborais rexistrados no primeiro semestre deste ano, a maior parte foron de homes: 166.471 casos, un 7,6% máis que no mesmo período do 2014, por 87.726 accidentes de mulleres, un 5,1% máis que no ano anterior.