Co financiamento de:
/ Portada / Datos estatísticos

Avance de sinistralidade laboral. Período abril 2014-marzo 2015

10-06-2015 - Observatorio Estatal de Condicións de Traballo

O Observatorio Estatal de Condicións de Traballo, dependiente do INSHT, ven de publicar o Informe de sinistralidade laboral que elabora trimestralmente referido a períodos completos de doce meses, no que se presentan os datos de sinistralidade por sector de actividade e comunidade autónoma. Nesta ocasión o informe corresponde ao perído comprendido entre abril de 2014 - marzo de 2015. No informe apréciase un incremento do índice de incidencia dos accidentes de traballo totalis dun 0,3%; sube un 0,4,% o índice de incidencia dos accidentes de traballo leves, mantense o dos accidentes mortais e descende o índice dos accidentes de traballo graves nun 7,3%.

En relación ao número total de accidentes rexistrados no período, obsérvase un incremento do 2,4% respecto ao mesmo período interanual anterior, aumentando o número de accidentes mortais nun 2,8%  e diminuíndo os graves nun 5,1%.

Considerando as cifras por sectores de actividade, no sector agrario diminúe o número de accidentes de traballo totais nun 1%, na industria incrementase nun 1,7 %,  na construción o incremento é do 4,9% e no sector de servizos o número de accidentes de traballo totais tamén sufre un incremento, neste caso do 2,7%.

Ligazón ao Avance de sinistralidade laboral. Período abril 2014-marzo 2015

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS