Co financiamento de:
/ Portada / Datos estatísticos

Accidentes de traballo por sobreesforzos. Datos 2024

02-01-2026 - INSST

Este informe analiza a sinistralidade laboral por sobreesforzos mediante o estudo de diferentes variables, que permiten describir o perfil da persoa traballadora accidentada e das empresas implicadas, así como as circunstancias nas que se producen estes accidentes. Tamén identifica as actividades e ocupacións máis afectadas e as partes do corpo lesionadas con maior frecuencia. O obxectivo desta publicación é ofrecer unha visión detallada da magnitude, distribución e características dos accidentes de traballo por sobreesforzos, a partir da análise dos partes de accidente notificados.

Os accidentes por sobreesforzo físico sobre o sistema musculoesquelético representan unha elevada porcentaxe no conxunto da sinistralidade no Estado. En concreto, en 2024 producíronse un total de 162.753 accidentes de traballo por sobreesforzos o que representa un 29,3 % do total de accidentes ocorridos en xornada de traballo con baixa en España.

Nesta edición incorpórase de maneira explícita a perspectiva de xénero, o que permite detectar diferenzas entre homes e mulleres na exposición ao risco, a tipoloxía dos accidentes e os danos na saúde. Os resultados mostran que os homes concentran a maioría dos casos, principalmente nos sectores de industria, construción e transporte, mentres que as mulleres presentan unha presenza significativa en servizos, coidados e comercio, con lesións máis asociadas a movementos repetitivos e tarefas de manipulación.

Ligazón ao informe Accidentes de traballo por sobreesforzos. Datos 2024. INSST 2025

 

Xunto co Informe de accidentes de traballo por sobreesforzos, publicáronse ou actualizáronse os seguintes recursos:

Ligazón á Pílora informativa: Accidentes de traballo por sobreesforzos. Datos 2024.

Ligazón ás Infografías de Saúde Laboral: Indicador sobreesforzos. Datos 2024.

Ligazón ao Indicador evolutivo: Accidentes de traballo por sobreesforzos.

 

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS