Financiado por:
/ Portada / Datos estatísticos

Traballadores autónomos: perfil sociodemográfico e sinistralidade laboral. 2018

24-02-2020 - INSST

O presente informe, décimo da serie, ten como obxectivo achegar información orientativa sobre a sinistralidade por accidentes de traballo con baixa, ocorridos en xornada de traballo (ATXT) e que afectaron ao colectivo de traballadores autónomos coa continxencia de accidente de traballo cuberta durante o ano 2018.

O Estatuto do Traballador Autónomo (Lei 20/2007) supuxo un importante avance no coñecemento das condicións de seguridade e saúde no traballo deste colectivo. Con esta norma faise obrigatoria a cobertura da prestación por accidente de traballo e enfermidade profesional aos denominados traballadores autónomos economicamente dependentes e a aqueles integrados en actividades de maior risco, polo que ano a ano se irá mellorando o nivel de coñecemento do comportamento fronte ao accidente de traballo por parte do colectivo de autónomos.

A orixe desta serie de informes remóntase a finais de 2009, cando o grupo de traballo sobre Traballadores Autónomos da Comisión Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo (CNSST) solicitou ao INSHT a incorporación dunha análise de sinestralidade específica dos traballadores autónomos dentro dos informes anuais que se elaboraran por parte do Departamento de Investigación e Información do INSHT sobre accidentes de traballo.

Este informe achega información sobre o colectivo de autónomos describindo o seu perfil sociodemográfico utilizando a EPA e a Base de afiliación dos traballadores e a súa sinistralidade por accidentes de traballo con baixa médica durante a xornada de traballo recollida no Sistema Delta.

Inclúese como anexo a este informe un resumo dos resultados que o módulo especial da EPA 2018 elaborou sobre os traballadores por conta propia; nel estúdanse aspectos como para cantos clientes traballaron e a súa importancia, a influencia dos traballadores sobre o seu propio horario de traballo, o contido ou a orde das tarefas, a razón principal pola que empezaron a traballar por conta propia, as dificultades e inconvenientes de traballar pola súa conta, etc.

Ligazón a “Traballadores autónomos: perfil sociodemográfico e sinistralidade laboral. 2018

Documentos

Traballadores autónomos perfil sociodemográfico e sinistralidade laboral. 2018.pdf
Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS