Financiado por:
/ Portada / Datos estatísticos

Sinistralidade laboral dos traballadores cedidos por empresas de traballo temporal. Informe xaneiro-decembro 2018

11-09-2019 - INSST-OECT

Neste informe analizáronse 18.212 Accidentes de Traballo con baixa ocorridos entre xaneiro e decembro de 2018, en traballadores cedidos por empresas de traballo temporal. Destes, 16.226 ocorreron en xornada de traballo e 1.986 ao ir ou voltar do traballo.

Dos 16.226 ocorridos en xornada de traballo:

Rexistráronse 4 accidentes mortais que se distribuíron nas seguintes actividades: “Cultivos non perennes; Cultivos perennes; Fabricación de compoñentes e pezas para vehículos de motor e Actividades de limpeza” e 73 graves, dos que 24 se deron en peóns de industrias manufactureiras e 12 foron por perda de control de medio de transporte.

Un 75,4% dos accidentados foron homes e un 24,6% mulleres.

Na distribución por sectores en accidentes de traballo destaca en primeiro lugar Industria co 51,8% dos accidentes, seguido de Servizos co 36%, o sector Agrario co 11,3% e Construción co 0,9%.

Ligazón: Sinistralidade laboral dos traballadores cedidos por empresas de traballo temporal. Informe xaneiro-decembro 2018

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS