Financiado por:
/ Portada / Datos estatísticos

Sinistralidade laboral: Galiza 2015

12-03-2016 - Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral - Boletín CIG-Saúde Laboral Núm. 18

Nos últimos 3 anos a accidentalidade laboral na Galiza vénse incrementando de maneira preocupante, sen que tan sequera esta se poida xustificar co argumento recorrente e interesado que afirma que dito incremento débese en gran medida ao notable aumento da contratación e a actividade laboral. Do ano 2013 ao ano 2015 os/as afiliados/as á Seguridade Social incrementáronse no noso País en 16.762 traballadores/as, o que na práctica supón un minguado incremento do 2,18%.

Se a este reducido aumento da afiliación lle engadimos o dato que moitas destas altas na S.S. o foron por un tempo extremadamente curto e limitado, tendo como consecuencia un menor volume de horas totais traballadas nestes últimos anos, a consecuencia é clara e directa: os datos de accidentalidade revelan que na Galiza cada vez faise menos e peor prevención.

No cadro seguinte figuran os accidentes laborais en xornada ocorridos en Galiza entre os anos 2013 e 2015, con indicación do índice de incidencia (número de accidentes por 100.000 traballadores/as):

Anos 

Accidentes de traballo 

Poboación afiliada 

Índice de incidencia 

2013 

22.366 

752.336 

2.972,87 

2014 

23.214

753.836

3.079,45

2015 

25.348

769.098

3.295,81

 

 

 

 

 

 

 

Como se pode apreciar, a accidentalidade na Galiza no ano 2014 respecto ao ano 2013 experimentou unha significativa subida do 3,79%. En relación ao ano 2015 o incremento veu a ser dun inadmisible 13,33%, isto é, 2.982 accidentes máis que no ano 2013; un incremento notable da sinistralidade laboral en absoluto xustificado nin proporcional ao incremento experimentado da poboación afiliada á Seguridade Social no noso País.

Número de Accidentes por tipoloxía e o seu índice de incidencia en xornada laboral correspondentes aos anos 2013, 2014 e 2015:

Ano

Leves

Índice incidencia leves

Graves

Índice incidencia graves

Mortais

Índice incidencia

mortais

Totais

Índice incidencia totais 

2013 

21.901 

2.911,07 

418 

55,56 

47 

6,25 

22.366 

2.972,87 

2014 

22.726 

3.014,71 

429 

56,91 

59 

7,83 

23.214 

3.079,45 

2015 

24.913 

3.239,25 

374 

48,63 

61 

7,93 

25.348 

3.295,81 

Número de accidentes en xornada por sector de actividade e gravidade ocorridos na Galiza no ano 2015:

 Sector

Leves

Graves

Mortais

Total

Agricultura

1.247

60

3

1.310

Pesca

933

36

10

979

Industria

7.206

83

14

7.303

Construción

3.091

73

11

3.175

Servizos

12.436

122

23

12.581

Total

24.913

374

61

25.348

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Se atendemos á información disponible en relación ao número de accidentes e sector produtivo, atopámonos con que no ano 2015 o sector servizos produciu o 49,63% dos accidentes en xornada laboral, o sector da industria o 28,81%, e xa con menor incidencia sobre o total de accidentes, o sector da construción xerou o 12,53% dos mesmos.

Se atendemos á súa gravidade atopámonos con que no sector servizos producíronse un 32,62% dos accidentes graves e un 37,70% dos accidentes mortais. No sector da industria aconteceron un 22,19% dos accidentes graves e un 22,95% do mortais; e no sector da construción un 19,52% dos graves e un 18,03% dos mortais.

Como podemos ver na táboa e gráfico seguinte, en termos absolutos os homes acumulan o 67,44% dos accidentes rexistrados na Galiza no 2015 en xornada laboral, e as mulleres o 32,56%.

Número de accidentes polo lugar onde aconteceron e xénero do/a traballador/a acidentado/a:

Lugar dos accidentes

Leves

Graves

Mortais


Homes

Mulleres

Homes

Mulleres

Homes

Mulleres

No centro ou lugar de traballo habitual

11.060

6.031

146

61

26

3

En desprazamentos na xornada laboral

4.229

963

100

10

28

0

In itínere

1.093

1.611

19

38

3

3

Noutro centro ou lugar de traballo

2.197

433

55

2

4

0

Total

18.579

9.038

320

111

61

6

Tanto no caso dos homes como das mulleres, o lugar no que se produciron os accidentes distribuíuse porcentualmente do seguinte xeito: un 61,63% producíronse nos centros habituais de traballo, un 18,96% en desprazamentos dentro da xornada laboral, un 9,84% en traslados in itínere de ida ou volta ao traballo, e un 9,57% noutros lugares ou centros de traballo distintos do habitual.

Se atendemos ás diferencias máis significativas entre homes e mulleres neste apartado, constatamos que:

a)    Do conxunto dos accidentes cualificados como graves, o 75,24% corresponderon a homes e o 25,75% a mulleres.

b)   Do conxunto de accidentes con resultado de morte, un 91% corresponderon a homes e un 9% a mulleres.

c)    No que atinxe aos accidentes consecuencia de desprazamentos dentro da xornada laboral, as diferencias entre xéneros son moi significativas; así a cantidade de accidentes graves deste tipo que afectaron aos homes é 10 veces superior á das mulleres, supoñendo un 91% no caso dos homes e un 9% no das mulleres. En relación aos accidentes mortais por esta mesma causa o 100% afectan exclusivamente a homes.

d)   No caso dos accidentes in itínere ocorre ao contrario que na situación anterior; os accidentes graves deste tipo afectaron nun 67% ás mulleres, e nun 33% aos homes. En canto aos accidentes mortais in itínere afectaron nun equilibrado 50% tanto a homes como a mulleres.

e)   Se nos referimos aos accidentes acontecidos noutros centros ou lugares de traballo distintos dos habituais, os homes acumulan o 84% do total e as mulleres o 16%, desglosándose como segue en función da súa gravidade; Accidentes Leves: Homes 84%. Mulleres 16%; Accidentes Graves: Homes 96%. Mulleres 4%; Accidentes Mortais: Homes 100%.

Accidentes en xornada acontecidos na Galiza no ano 2015 segundo a idade do/a traballador/a accidentado/a:

Idade

Leves

Graves

Mortais

Total

<16

1

0

0

1

16-19

152

1

0

153

20-24

1.183

11

2

1.196

25-34

5.561

53

6

5.620

35-44

8.057

96

13

8.166

45-54

6.517

113

23

6.653

55-65

3.415

100

17

3.532

>65

27

0

0

27

Total

24.913

374

61

25.348

Se atendemos aos accidentes en relación á súa incidencia porcentual por tramos de idade, atopámonos co seguinte:

a)    Accidentes Leves: 35-44 anos 32%; 45-54 anos 26%; 25-34 anos 22%; 55-65 anos 14%.

b)   Accidentes Graves: 45-54 anos 30%; 55-65 anos 27%; 35-44 anos 26%; 25-34 anos 14%.

c)    Accidentes Mortais: 45-54 anos 38%; 55-65 anos 28%; 35-44 anos 21%; 25-34 anos 10%.

Accidentes laborais en xornada que tiveron lugar no ano 2015 segundo a antigüidade do/a accidentado/a:

Antigüidade

Leves

Graves

Mortais

Total

< 3 meses

4.394

66

11

4.471

3-6 meses

2.826

37

7

2.870

6-12 meses

2.105

26

6

2.137

12-36 meses

3.460

68

4

3.532

> 36 meses

12.128

177

33

12.338

Total

24.913

374

61

25.348

Como se pode apreciar nos gráficos anteriores, en termos xerais a accidentalidade concéntrase nos segmentos de antigüidade laboral que teñen na Galiza a maioría dos/as traballadores/as ocupados/as: 12 meses de antigüidade ou máis. Mais se atendemos ao segmento correspondente aos traballadores/as cunha antigüidade menor de 3 meses, podemos observar que aínda correspondendo en termos absolutos a un colectivo substancialmente menor e que acumula menos horas e xornadas traballadas, o seu nivel de sinistralidade é extraordinariamente elevado, acadando en todas as escalas de gravidade o segundo posto do ranquing de accidentalidade cun 18% dos accidentes leves, graves e mortais.

Isto quere dicir que a precariedade e temporalidade na contratación, a falta dunha axeitada formación preventiva, a falta de experiencia no posto de traballo, e a ausencia de plans e medidas preventivas rigorosas e efectivas por parte das empresas, ten como resultado indefectible un alto nivel de accidentalidade, especialmente nas novas contratacións realizadas no marco da reforma laboral, sometidas a unha escasa remuneración salarial, unha alta temporalidade e unhas deficientes condicións de traballo.

Número de accidentes na Galiza no ano 2015 por tipo de contrato:

Tipo de contrato

Leves

Graves

Mortais

Total

Autónomos

1.154

63

3

1.220

Indefinidos

14.557

190

35

14.782

Temporais

9.202

121

23

9.346

Total

24.913

374

61

25.348

Como se pode observar na táboa anterior, corrobórase que a contratación temporal tan extendida no noso País a raíz da reforma laboral, aínda tendo un peso relativo substancialmente menor que outros tipos de contratación, con menos horas e menos xornadas traballadas, segue a acaparar unha importantísima e desproporcionada cantidade de accidentes, supoñendo o 36,87% dos accidentes totais, que se desglosan do seguinte xeito: o 36,94% dos accidentes leves, o 32,35% dos accidentes graves e o 37,70% dos accidentes mortais.

Cantidade de accidentes por número de empregados/as da empresa:

Nº de traballadores

Leves

Graves

Mortais

Total

Ningún traballador

1.154

63

3

1.220

De 1 a 4

3.271

55

15

3.341

De 5 a 25

6.658

124

22

6.804

De 26 a 50

3.117

44

10

3.171

De 51 a 100

3.004

19

4

3.027

De 101 a 250

3.245

20

3

3.268

De 251 a 500

1.607

12

3

1.622

De 501 a 1.000

991

13

0

1.004

Máis de 1.000

1.866

24

1

1.891

Total

24.913

374

61

25.348

Como se pode apreciar na táboa de datos anterior e no gráfico seguinte, a accidentalidade na Galiza atendendo ao número de empregados das empresas, afecta especialmente ás denominadas PEMES, pequenas e medianas empresas que non superan os 250 traballadores/as e que son a base do tecido e da estrutura produtiva galega. Así, na Galiza as PEMES no ano 2015 concentraron o 82% dos accidentes leves, o 87% dos accidentes graves e o 93% dos accidentes con resultado de morte.

Número de enfermidades profesionais con baixa notificadas durante o ano 2015, diferenciándose por sexo e grupo de clasificación:

Grupos Enfermidades Profisionais

Nº partes


Home

Muller

Total

Grupo I

20

14

34

Grupo II

248

271

519

Grupo III

4

26

30

Grupo IV

30

14

44

Grupo V

11

36

47

Grupo VI

0

0

0

Total

313

361

674

Grupo 1: Enfermidades profesionais causadas por axentes químicos. Grupo 2: Enfermidades profesionais causadas por axentes físicos. Grupo 3: Enfermidades profesionais causadas por axentes biolóxicos. Grupo 4: Enfermidades profesionais causadas por inhalación de substancias e axentes non comprendidas noutros puntos. Grupo 5: Enfermidades profesionais da pel causadas por substancias e axentes non comprendidos nalgúns dos outros puntos. Grupo 6: Enfermidades profesionais causadas por axentes carcinoxénicos.

No ano 2015 notificáronse na Galiza un total de 674 enfermidades profesionais con baixa, cantidade esta a todas luces moi por debaixo da situación real, debido en gran medida á gran bolsa de infradeclaración existente e ás extraordinarias e sistemáticas dificultades que poñen as Mutuas para recoñecer a orixe laboral destas doenzas.

Para mostra un botón: Quen se pode creer sen ruborizarse que no ano 2015 non houbo na Galiza un só caso de enfermidade profesional causada por axentes canceríxenos? É evidente que o sistema de detección de enfermidades profesionais non funciona axeitadamente, e tamén é evidente que existen intereses para que non funcione. En contraposición e como consecuencia, os dereitos fundamentais e inalienables dos/as traballadores/as á saúde e á vida, son utilizados como unha mera mercadoría e un resultado de dividendos económicos.

En calquera caso, dos datos recollidos na Galiza no ano 2015 podemos concluír que:

As enfermidades profesionais con baixa notificadas, cunha maior incidencia, son as causadas por axentes físicos (Grupo II), supoñendo un destacado 77% dos casos notificados.

Onde se aprecian diferencias significativas de incidencia en relación ao xénero, son por unha parte nas enfermidades causadas por axentes biolóxicos (Grupo III), cunha prevalencia do 87% nas mulleres fronte a unha do 13% nos homes; nas enfermidades profesionais da pel causadas por substancias e axentes non comprendidos nalgúns dos outros puntos (Grupo V), cunha prevalencia do 77% nas mulleres e un 23% nos homes, e nas enfermidades profesionais causadas por inhalación de substancias e axentes non comprendidas noutros puntos (Grupo IV), cunha prevalencia do 68% neste caso nos homes, fronte ao 32% das mulleres.

Dende a promulgación primeiro da reforma laboral do PSOE do ano 2010, e posteriormente no ano 2012 coa aplicación da reforma laboral do PP, o mercado laboral no Estado español está a sufrir unha acelerada e continua desestruturación que, ademais de supoñer unha perda de dereitos sen parangón na historia democrática, vén de abocar a un empeoramento substancial das condicións de traballo agravadas estas polo evidente, progresivo e continuado deterioro da situación preventiva nas empresas.

Así as cousas, unha das consecuencias derivadas da crise económica e do modelo elixido polos poderes neoliberais para a súa superación, é que como práctica xeral as empresas invisten menos en seguridade e en prevención, diminuíndo dun xeito significativo a eficacia dos medios e das medidas postas en xogo para garantir a seguridade e a saúde laboral dos/as traballadores/as.

Neste contexto as consecuencias non podían facerse esperar: incremento significativo da sinistralidade no conxunto do Estado, e especialmente en territorios como o galego, no que por unha banda as pequenas empresas que conforman o 90% do tecido produtivo do noso País non rematan de adquirir unha verdadeira cultura preventiva, e por outra, unha administración autonómica insensibilizada e inoperativa, incapaz de poñer en marcha políticas preventivas axeitadas á nosa realidade produtiva, así como de estabelecer un marco de esixencia e rigor no cumprimento normativo, acompañado este da necesaria implementación de políticas preventivas eficaces.

Podes imprimir este artigo cos gráficos, en formato folleto, no PDF adxunto.

Documentos

ARTIGO 2 BOLETIN GALEGO 18.pdf
Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS