Financiado por:
/ Portada / Datos estatísticos

Repunta a sinistralidade laboral no 2014 en Galiza

17-02-2015 - Sinistralidade

Os datos aportados polo ISSGA, indican que se rexistraron en Galiza 23.214 accidentes de traballo durante o 2014, 848 máis que no ano anterior, o que equivale a un 3,79% máis. Do número de accidentes total, 59 foron mortais (o 0,25%), 429 graves (1,85%) e 22.726 leves (97,9%). Por sectores, os sinistros aumentaron na pesca (+5,65%), na construción (+5,71%), nos servizos (+5,88%) e diminuiron lixeiramente na agricultura (-0,25%) e a industria (-0,16%).

Por provincias, rexistrase un incremento na sinistralidade nas provincias de A Coruña (+7,61%), Lugo (+11,39%), Ourense (+2,98%), e un descenso na de Pontevedra (-3,62%).

Se atendemos ao índice de incidencia (parámetro que resulta de dividir o número de accidentes de traballo pola poboación afiliada e multiplicado por 100.000), resulta que este índice se incrementa nun 3,58% en relación ao ano anterior.  Por provincias, sube en A Coruña (+7,26%), Lugo (+11,32%), Ourense (+3,05%) e baixa en Pontevedra (-3,62%).

En relación aos accidentes en itínere (ocorridos nos traxectos de ir e vir do traballo) tiveron lugar 2.755,63, un 2,24% menos que no ano anterior.

Se atendemos ás enfermidades profesionais, durante o ano 2014 foron comunicados 588 partes de enfermidade profesional con baixa (256 homes e 332 mulleres) , 67 casos máis que no ano anterior. Os sectores da industria e dos servizos son os que rexistraron máis partes de enfermidades profesionais con baixa; na industria correspondéronse en maior medida co colectivo masculino, mentres que en servizos co feminino. Por grupos de enfermidades con baixa, o maior número de casos foron provocados por axentes físicos (433), seguido do grupo das enfermidades producidas por axentes biolóxicos (56). Por provincias, o maior número de partes procede de Pontevedra (311), seguida pola Coruña (169), Ourense (75) e Lugo (33).

En relación as enfermidades profesionais que non causaron baixa, comunicáronse un total de 536, que supoñen 53 casos máis que no ano anterior.

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS