Financiado por:
/ Portada / Datos estatísticos

Posturas forzadas e movementos repetitivos causan o maior número de enfermidades profesionais

24-08-2012 - Observatorio de Continxencias Profesionais da Seguridade Social

Segundo as estatísticas ofrecidas polo Ministerio de Emprego e Seguridade Social no Observatorio das Continxencias Profesionais da Seguridade Social, os axentes que causaron un maior número de enfermidades profesionais dende xaneiro a abril deste ano foron enfermidades provocadas por posturas forzadas e movementos repetitivos no traballo e hipoacusia ou xordeira provocada polo ruído.

Os axentes que causaron un maior número de enfermidades profesionais dende xaneiro a abril deste ano foron:

Non hai que esquecer que estas cifras probablemente son maiores debido ao aínda infradiagnóstico xeneral existente das enfermidades profesionais non estado español, a pesar de que a través do Real Decreto 1299/2006, do 10 de novembro, se acordou modificar o sistema de notificación e rexistro das enfermidades, coa finalidade de facer aflorar enfermidades profesionais ocultas e evitar o seu infradeclaración.

Seguindo cos datos ofrecidos polo Observatorio, entre os meses de xaneiro e abril deste ano emitíronse en total 6.106 partes de enfermidade profesional, dos cales 3.402 corresponden a homes e 2.704 a mulleres.

Por grupos de idade, os partes comunicados concéntranse entre os 35 e os 39 anos, no caso dos homes, seguido do grupo de entre os 40 e 44 anos. Nas mulleres, o maior número encóntrase entre o grupo dos 45 e 49 anos, seguido do grupo de idade de entre os 40 e 44 anos.

Segundo a Clasificación Nacional de Actividades Económicas (CNAE), 493 partes comunicados de enfermidades profesionais con baixa e sen baixa corresponden á actividade de comercio ao por maior e intermediarios do comercio, agás de vehículos de motor e motocicletas, 484 partes corresponden á actividade de industria de alimentación e 457, a fabricación de vehículos de motor, remolques e semirremolques.

Os datos das publicacións estatísticas deste Observatorio corresponden ás comunicacións efectuadas a través do sistema CEPROSS (Comunicación de Enfermidades Profesionais da Seguridade Social), de enfermidades causadas polo traballo aos traballadores afiliados que se encontran cubertos por continxencias profesionais nos distintos Réximes da Seguridade Social.

Este sistema CEPROSS aprobouse mediante a Orde INCRE 1/2007, do 2 de xaneiro.

 


Fonte: ERGA Noticias. INSHT

Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca RSS