Financiado por:
/ Portada / Datos estatísticos

PIVISTEA 2016

02-01-2019 - Ministerio de Sanidade, Consumo e Benestar Social

Este documento recolle a Avaliación do programa de Vixilancia da saúde dos traballadores/as que estiveron expostos a amianto correspondente ao ano 2016. O programa vense implantando de xeito progresivo nas comunidades autónomas dende o 2004 e a súa avaliación inclúe, ademais da a avaliación dos resultados, os procesos e a estrutura do programa, a valoración da pertinencia e suficiencia do mesmo e o impacto sobre a saúde dos traballadores/as expostos.

Dende a aprobación do programa, rexistráronse 2.526 empresas que realizan ou realizaron actividade laboral con amianto e 56.373 traballadores/as que manipularon ou manipulan fibras de amianto como parte da súa actividade laboral.  O 53,9% (30. 387) son traballadores/as post­ expostos; o 31,3% (17.64 5) son traballadores/as  expostos e o 14,8% clasificáronse como perdas para o rexistro. O 95,9% son homes e  4,1% mulleres. Os motivos máis frecuentes de perdas para o rexistro son a morte do traballador/a (38,6% de os casos de baixa), e o rexeitamento do seguimento (31,1%).

As actividades de construción de barcos e estruturas flotantes, fibrocemento e fabricación de pezas e accesorios para vehículos de motor, son as que incorporan maior número de traballadores/as ao rexistro, 64,43%. A maior porcentaxe de empresas incluídas no censo son as de construción de edificios residenciais (empresas que traballan actualmente en actividades de desamiantado).

Ligazón ao PIVISTEA 2016

Esta avaliación foi realizada logo de trancurridos dous anos dende a anterior. (ligazón a PIVISTEA 2014)

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS