Financiado por:
/ Portada / Datos estatísticos

PIVISTEA, programa de vixilancia da saúde dos traballadores expostos ao amianto.

11-12-2013 - Saúde laboral

Este documento recolle a Avaliación do Programa de Vixilancia da Saúde dos Traballadores que estiveron Expostos ao Amianto (PIVISTEA). Este Programa foise implantando progresivamente nas Comunidades Autónomas dende o ano 2004, tras ser aprobado pola Comisión de Saúde Pública (reunión de 12 de decembro de 2002), pola Comisión Nacional de Saúde no Traballo (Plenario de 29 de xaneiro de 2003) e polo Consello Interterritorial do SNS (reunión da súa Comisión Delegada de 26 de febreiro de 2003).

Desde a aprobación do Programa Integral de Vixilancia da Saúde dos Traballadores que estiveron expostos a Amianto (PIVISTEA), rexistráronse 1.529 empresas que realizan ou realizaron actividade laboral con amianto, e 35.630 traballadores que manipulan ou no seu día manipularon fibras de amianto na súa actividade laboral. Estas empresas e traballadores están situados nas 13 Comunidades Autónomas que remitiron os datos para realizar a avaliación do Programa. A achega de traballadores que cada unha delas fai ao rexistro varía en función das características do tecido empresarial e do nivel de desenvolvemento e implantación do Programa. Acceso ao texto no documento xunto.

Documentos

PIVISTEA_OCTUBRE 2013.pdf
Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS