Financiado por:
/ Portada / Datos estatísticos

Os datos do Ministerio de Emprego para o primeiro semestre confirman o incremento da sinistralidade laboral

10-09-2014 - Sinistralidade

Os datos de sinistralidade laboral do primeiro semestre de 2014 ofrecidos polo Ministerio de Emprego e Seguridade amosan un aumento xeneralizado dos accidentes de traballo no conxunto do Estado español. Un aumento que, ademais, parece estar a acelerarse, pois se no período xaneiro-maio foi do 3,8%, no conxunto do semestre ascendeu até o 4,9%.

O dato é máis preocupante tendo en conta que o incremento se manifesta de forma xeralizada; tanto en termos absolutos como relativos (índices de incidencia) e en case todos os sectores da actividade, independentemente de que sexan en xornada de traballo ou in itinere e do seu nivel de gravidade.

O número total de accidentes con baixa no primeiro semestre creceu un 4,9% respecto ao mesmo período do ano anterior; 5,1 en xornada de traballo e 3,3 in itinere. No caso de accidentes mortais experiméntanse aumentos do 3,2% no conxunto da actividade, do 54,2 no sector agrario, o 35,5 na industria e o 6,9 na construción. Unicamente redúcense no sector servizos (-15,5%). Os accidentes mortais in itinere aumentaron un 20,5%.

En canto aos índices de incidencia (indicador máis fiable para medir a evolución da sinistralidade), prodúcense incrementos no total de accidentes independentemente do sector. No caso dos mortais produciuse un incremento do 1,9%, aínda que destacan os aumentos no agrario (39%), na industria (36%) e na construción (12%). Os servizos volven ser o único sector que se escapa desta tendencia.

Fonte: prevencionintegral.com

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS