Financiado por:
/ Portada / Datos estatísticos

Os accidentes de traballo na actividade de asistencia nos establecementos residenciais

04-03-2014 - Observatorio Estatal de Condicións de Traballo

A asistencia en establecementos residenciais despunta como unha actividade emerxente atendendo ao índice de incidencia de accidente de traballo en xornada de traballo. De feito, en 2011 esta actividade presentou un índice de incidencia de 5.354,9 por cada 100.000 afiliados. Esta cifra, practicamente duplica a incidencia observada no conxunto do sector Servizos, no que está recollida esta actividade, (2.771,5 índice de incidencia de accidente de traballo en xornada de traballo por cada 100.000 afiliados) e achégase á sinistralidade presentada en Industria (5.721,6 por 100.000). Por outra banda, nesta actividade o número de traballadores afiliados, coa continxencia de AT cuberta, experimentou un ascenso crecente sendo en 2011 de 212.984 traballadores.

O presente estudo, elaborado polo Departamento de Investigación e Información do INSHT;  pretende profundizar nas características deste sector emerxente e nos perfís específicos que definen a sinistralidade da actividade, co fin de detectar posibles puntos de mellora e orientar accións concretas dirixidas a minimizar o impacto do accidente de traballo neste colectivo.

Ligazón ao informe Actividades emerxentes e sinistralidade. Os accidentes de traballo na actividade de asistencia nos establecementos residenciais

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS