Financiado por:
/ Portada / Datos estatísticos

O continuo incremento da sinistralidade dende o ano 2011 alarma á propia Fiscalía Xeral do Estado que alerta da sinistralidade laboral alcanzada no ano 2015.

19-10-2016 - Sinistralidade

Logo dun período de un paulatino descenso da sinistralidade laboral, no ano 2015 esta alcanza niveis de incidencia similares aos experimentados no ano 2011. A Fiscalía Xeral do Estado na memoria do último exercicio presentada no mes de setembro, indica que o número de traballadores/as mortos a causa de accidentes laborais, incrementouse no ano 2015 nun 10,1% respecto do ano 2014, pasando de 454 a 500 traballadores/as falecidos/as.

Mentres que no ano 2014 fondamentalmente incrementáronse as cifras de accidentes mortais e leves, manténdose o promedio de accidentes graves, no ano 2015 os accidentes graves experimentaron un notable aumento de 124 traballadores/as accidentados, acandándose nesta categoría a cifra total de 3.358 lesionados/as de gravidade. No que atinxe aos accidentes leves estes incrementáronse en 31.676 traballadores/as, ata acadar a cifra de 445.365.

Aínda que no lustro (2011-2016) a sinistralidade laboral tense reducido nun 11,86%, segundo sinala a propia Fiscalía, ista é unha diminución enganosa en relación ao futuro, xa que no lustro 2009-2013 a diminución foi algo superior ao 30% e a do 2010-2014 algo superior ao 25%.

En relación as dilixencias de investigación, no ano 2015 a Fiscalía incoou un total de 854 dilixencias  fronte ás 938 incoadas no ano  2014, un 8,95% menos que no ano anterior; ditándose 631 sentenzas menos polos xulgados do penal que no ano 2014 en relación a esta temática.

Finalmente a Fiscalía considera necesaria unha maior autonomía da Unidade especializada de sinistralidade laboral respecto das xefaturas provinciais e de área, o que permitiría unha maior unidade na aplicación da doutrina sobre estes delitos, mellorando en orientación e claridade xurídica para unha máis efectiva e eficaz aplicación da norma.

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS