Financiado por:
/ Portada / Datos estatísticos

O ISSGA contabiliza 229 casos de enfermidades profesionais no terceiro trimestre deste ano

22-11-2011 - ISSGA

Os datos correspondentes ao terceiro trimestre deste ano poñen de manifesto que nese período foron comunicados ao ISSGA 229 partes de enfermidades profesionais, dos que 133 foron con baixa. Por sexos, 129 dos afectados eran homes e 100 mulleres.

Os sectores da industria e dos servizos son os que rexistraron máis partes de enfermidades profesionais. Na industria producíronse 125 casos e nos servizos 86, seguidos da construción que rexistrou 17 partes e da pesca con 1 caso. No sector da agricultura non se rexistrou ningún parte neste trimestre. No caso do sector servizos as notificacións afectan en maior grao ao colectivo feminino e no caso das rexistradas no sector de industria, ao masculino. En ambos os dous casos, as patoloxías detectadas son provocadas principalmente por axentes físicos. Por grupos de enfermidades, o maior número de casos foron provocados por axentes físicos, 181, dos que 74 foron sen baixa . No grupo de enfermidades provocadas por axentes químicos houbo 6 partes, deles 2 sen baixa; no de enfermidades da pel por sustancias e axentes non comprendidos nos outros grupos comunicáronse 16 casos, deles 8 sen baixa; de axentes biolóxicos houbo 4 partes, un deles sen baixa.

Por provincias, o maior número de partes procede de Pontevedra, onde se notificaron 108, deles 55 cursaron sen baixa. Na Coruña houbo 80 comunicacións, delas 28 sen baixa. En Ourense rexistráronse 24 partes, dos que 8 foron sen baixa. E en Lugo houbo 17 casos, 5 deles sen baixa.

Información estatística das enfermidades profesionais elaborada polo ISSGA

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS