Financiado por:
/ Portada / Datos estatísticos

O ISSGA contabiliza 386 casos de enfermidades profesionais no segundo trimestre deste ano

15-09-2011 - ISSGA

Os datos correspondentes ao segundo trimestre deste ano poñen de manifesto que nese período foron comunicados ao ISSGA 386 partes de enfermidades profesionais, dos que 216 foron con baixa. Por sexos, 206 dos afectados eran homes e 180 mulleres.

Os sectores da industria e dos servizos son os que rexistraron máis partes de enfermidades profesionais. Na industria producíronse 197 casos e nos servizos 147, seguidos da construción que rexistrou 35 partes, da agricultura con 2 partes e da pesca con 5 casos. No caso do sector servizos as notificacións afectan en maior grao ao colectivo feminino e no caso das rexistradas no sector de industria, ao masculino. En ambos os dous casos, as patoloxías detectadas son provocadas principalmente por axentes físicos.

Por grupos de enfermidades, o maior número de casos foron provocados por axentes físicos, 312 , dos que 133 foron sen baixa e das que as provocadas por posturas forzadas e movementos repetitivos no traballo supoñen o maior número de enfermidades deste grupo e afecta maioritariamente ao sexo feminino; seguidos da inhalación de substancias e axentes non incluídos nos outros grupos con 31 casos, deles 22 sen baixa.

No grupo de enfermidades provocadas por axentes químicos houbo 17 partes, deles 6 sen baixa; no de enfermidades da pel por sustancias e axentes non comprendidos nos outros grupos comunicáronse 18 casos, deles 6 sen baixa; de axentes biolóxicos houbo 5 partes, un deles sen baixa; e no grupo de axentes carcinóxenos houbo 3 partes de enfermidade, 2 deles sen baixa.

Por provincias, o maior número de partes procede de Pontevedra, onde se notificaron 171, deles 79 cursaron sen baixa. Na Coruña houbo 142 comunicacións, delas 62 sen baixa. En Ourense rexistráronse 51 partes, dos que 20 foron sen baixa. E en Lugo houbo 22 casos, 9 deles sen baixa.

Con respecto ao primeiro trimestre do ano, as enfermidades profesionais aumentaron nun total de 38 casos.

Esperamos que o que está a suceder non sexa un incremento das enfermidades profesionais, senón que están aflorando como profesionais enfermidades que eran diagnosticadas como comúns.

Información estatística das enfermidades profesionais elaborada polo ISSGA.

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS