Financiado por:
/ Portada / Datos estatísticos

O ISSGA contabiliza 330 casos de enfermidade profesional no primeiro trimestre deste ano

10-05-2011 - ISSGA

Os datos correspondentes ao primeiro trimestre deste ano poñen de manifesto que nese periodo foron comunicados ao ISSGA 330 partes de enfermidades profesionais, dos que 141 foron con baixa. Por sexos, 161 dos afectados eran homes e 169 mulleres.

Os sectores da industria e dos servizos son os que rexistraron máis partes de enfermidades profesionais. No sector da industria producironse 167 casos e no sector de servizos 135, seguidos da construción que rexistrou 19 partes, da agricultura con 6 partes e da pesca con 3 casos. No caso do sector servizos as notificacións afectaron en maior grao ao colectivo feminino e no caso das enfermidades profesionais rexistradas no sector de industria, ao masculino. En ámbolos dous casos, as patoloxías detectadas foron provocadas por axentes físicos, e máis concretamente lesións osteomusculares.

Por grupos de enfermidades, o maior número de casos foron debidos a axentes físicos, 254 , dos que 104 foron sen baixa;as posturas forzadas e movementos repetitivos no traballo supuxeron o maior número de enfermidades deste grupo e afectaron maioritariamente ao sexo feminino, seguidos da inhalación de sustancias e axentes non incluídos nos outros grupos con 39 casos, deles 25 sen baixa.

No grupo de enfermidades provocadas por axentes químicos houbo 21 partes, deles 7 sen baixa; no de enfermidades da pel por sustancias e axentes non comprendidos nos outros grupos comunicáronse 12 casos, deles 5 sen baixa. De axentes biolóxicos houbo 3 partes, todos con baixa; e no grupo de axentes carcinóxenos houbo un único parte de enfermidade, con baixa.

Por provincias, o maior número de partes procedeu de Pontevedra, onde se notificaron 161, deles 73 sen baixa. En A Coruña houbo 128 comunicacións, delas 53 sen baixa. En Ourense rexistráronse 30 partes, dos que 10 foron sen baixa. E en Lugo houbo 11 casos, 5 sen baixa.

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS