Financiado por:
/ Portada / Datos estatísticos

O ISSGA contabiliza 289 casos de enfermidades profesionais no segundo trimestre do ano 2013

26-08-2013 - ISSGA

Os datos correspondentes ao segundo trimestre deste ano, poñen de manifesto que nese período foron comunicados 289 partes de enfermidades profesionais, dos que 153 foron con baixa. Por sexos, 147 dos afectados eran mulleres e 142 homes.

Os sectores dos servizos e da industria son os que rexistraron máis partes de enfermidades profesionais. Nos servizos producíronse 135 casos e na industria 128. A continuación, sitúase pesca que rexistrou 14 partes; a construción, con 9 partes; e a agricultura, con 3 casos.

No caso do sector servizos as notificacións afectan en maior grao ao colectivo feminino, e no caso das rexistradas no sector de industria, ao masculino. En ambos os dous casos, a maioría das patoloxías detectadas son provocadas por axentes físicos, e máis concretamente son lesións osteomusculares.

Por grupos de enfermidades, o maior número de casos foron provocados por axentes físicos, 202, dos que 101 foron sen baixa e das que as provocadas por posturas forzadas e movementos repetitivos no traballo supoñen o maior número de enfermidades deste grupo; seguidos das enfermidades producidas por axentes biolóxicos con 43 casos, 8 deles sen baixa.

No grupo de enfermidades producidas por inhalación de sustancias e axentes non incluídos nos outros grupos houbo 19 casos, dos que 9 non produciron baixa. Pola súa banda, no de enfermidades da pel por sustancias e axentes non comprendidos nos outros grupos comunicáronse 17 casos, deles 11 sen baixa; e no de axentes químicos rexistráronse 8 partes, 7 sen baixa. Por último, no grupo de axentes carcinóxenos non houbo ningún parte de enfermidade.

Na distribución por provincias, o maior número de partes procede de Pontevedra, onde se notificaron 171, deles 77 cursaron sen baixa. Na Coruña houbo 61 comunicacións, das que 30 foron sen baixa. En Ourense rexistráronse 41 partes (21 sen baixa), e en Lugo houbo 16 casos, 8 deles sen baixa.

Acceso á Información Estatística das Enfermidades Profesionais do segundo trimestre de 2013.

Fonte: ISSGA

Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca RSS