Financiado por:
/ Portada / Datos estatísticos

O ISSGA contabiliza 235 casos de enfermidades profesionais no primeiro trimestre de 2013

08-05-2013 - ISSGA

Os datos correspondentes ao primeiro trimestre deste ano poñen de manifesto que nese período foron comunicados 235 partes de enfermidades profesionais, dos que 118 foron con baixa. Por sexos, 117 dos afectados eran mulleres e 118 homes.

Os sectores da industria e dos servizos son os que rexistraron máis partes de enfermidades profesionais.

Na industria producíronse 110 casos e nos servizos 100; seguidos da construción, que rexistrou 16 partes; da pesca ,con 5 partes; e da agricultura, con 4 casos.

No sector servizos, as notificacións afectan en maior grao ao colectivo feminino e nas rexistradas no sector de industria, ao masculino.

En ambos casos, a maioría das patoloxías detectadas son provocadas por axentes físicos, e máis concretamente, lesións osteomusculares.

Por grupos de enfermidades, o maior número de casos foron provocados por axentes físicos, 168, dos que 88 foron sen baixa e das que as provocadas por posturas forzadas e movementos repetitivos no traballo supoñen o maior número de enfermidades deste grupo; seguidos da inhalación de sustancias e axentes non incluídos nos outros grupos con 26 casos, deles 12 sen baixa.

No grupo de enfermidades da pel por sustancias e axentes non comprendidos nos outros grupos houbo 19 partes, deles 10 sen baixa. No de enfermidades provocadas por axentes biolóxicos comunicáronse 14 casos, deles 4 sen baixa. No de axentes químicos houbo 8 partes, 3 deles sen baixa; e no grupo de axentes carcinóxenos non houbo ningún parte de enfermidade.

Por provincias, o maior número de partes procede de Pontevedra, onde se notificaron 149, deles 72 cursaron sen baixa. Na Coruña houbo 51 comunicacións, delas 26 sen baixa. En Ourense rexistráronse 22 partes, dos que 14 foron sen baixa. E en Lugo houbo 13 casos, 5 deles sen baixa.

Esta recompilación sistematizada de datos sirve ao ISSGA para analizar, investigar e avaliar as causas e factores determinantes das enfermidades profesionais e priorizar o asesoramento técnico, as campañas de divulgación e sensibilización e a temática das xornadas técnicas, en función dos sectores de actividade afectados e das patoloxías máis frecuentes, como é o caso das enfermidades osteomusculares.

Acceso á Información Estatística das Enfermidades Profesionais
 

 

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS