Financiado por:
/ Portada / Datos estatísticos

O INE publica os resultados do Módulo da EPA sobre accidentes laborais e problemas de saúde relacionados co traballo correspondente ao ano 2013

26-06-2014 - INE

O Instituto Nacional de Estatística publicou onte mércores os resultados do Módulo sobre accidentes laborais e problemas de saúde relacionados co traballo da EPA correspondente ao ano 2013. Trátase dunha enquisa, polo que os seus resultados constitúen un interesante complemento das estatísticas baseadas nos partes que publica o Ministerio de Emprego.

O 3,5% dos traballadores declarou ter algún accidente laboral nos 12 últimos meses.  Por sexo, o 3,9% dos homes e o 3,0% das mulleres de 16 ou máis anos tivo accidentes durante a xornada laboral ou en traxectos cara a ou desde o lugar de traballo.



A porcentaxe de persoas ocupadas ou que traballaron o último ano que tiveron algún accidente redúcese (pasando do 3,5% ao 2,8%) se se teñen en conta só aquelas cuxo accidente lles produciu lesións. Por sexo, o 3,1% dos homes tivo algún accidente laboral con lesións fronte ao 2,4% das mulleres.


Atendendo á situación profesional das persoas que tiveron algún accidente con lesión durante a xornada laboral, o 71,3% eran asalariados do sector privado, os 11,8% traballadores por conta propia e os 14,6% asalariados do sector público. Comunitat Valenciana presentou a porcentaxe máis elevada de traballadores que tiveron accidentes durante a xornada laboral ou en traxectos (4,7%), mentres que en Cataluña rexistrou o máis baixo (2,7%).


O 18,5% de quen sufriron algún accidente con lesión durante a xornada laboral deixaron de traballar por ese motivo e reincorporáronse entre catro e 13 días despois do mesmo, mentres que o 18,4% fíxoo entre un e tres meses despois.


Un 18,2% non deixou de traballar ou se reincorporou o mesmo día do accidente. No extremo oposto, un 3,3% dos que sufriron algún accidente con lesión durante a xornada laboral non esperaba volver traballar ou a súa baixa foi de entre seis e 12 meses.


O 18,7% das persoas ocupadas ou que traballaron anteriormente sufriron algunha enfermidade no último ano e consideran que foi provocada ou agravada polo traballo nun de cada catro casos. Por idade, as porcentaxes de persoas que tiveron algunha enfermidade increméntanse a medida que se avanza no grupo de idade analizado. Do total de persoas que sufriron algunha enfermidade no último ano (6.377.400 traballadores ou persoas con algunha experiencia profesional) o 21,9% manifestou sufrir unha enfermidade provocada ou agravada polo traballo e o 3,7% dous ou máis.


Os principais tipos de enfermidade laboral (provocados ou agravados polo traballo nos últimos 12 meses foron os problemas óseos, articulares ou musculares que afectan principalmente ás costas (28,3%), ao pescozo, os ombreiros, os brazos ou as mans (18,5%), e ás cadeiras, as pernas ou os pés (16,2%). Por detrás situáronse as enfermidades ligadas á tensión, depresión ou ansiedade (12,8%).

Ligazón ao Módulo sobre accidentes laborais e problemas de saúde relacionados co traballo. Ano 2013. INE


Fonte: INE

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS