Financiado por:
/ Portada / Datos estatísticos

O 57% de todos os accidentes laborais mortais son viarios

28-06-2017 - Sinistralidade

Os máis numerosos son os de tráfico in itínere e os que provocan un maior número de mortes son de tráfico dentro da xornada. De entre os accidentes laborais viais (in itínere de tráfico, in itínere non de tráfico, de tráfico en xornada, en xornada que non sonde tráfico) o aumento rexistrado en 2016 correspóndese principalmente aos accidentes de tráfico in itínere. Menor atención xeran aos accidentes in itínere que non son de tráfico, aínda que é o segundo grupo en número de accidentes laborais viais seguramente porque revisten menor gravidade.

Os accidentes de tráfico en xornada inclúen o transporte de mercadorías e viaxeiros. Son os menos numerosos debido entre outras causas, segundo a ITSS, a que nunha gran parte do sector do transporte por estrada, a subcontratación está amplamente estendida, en torno ao 77%, e corresponde a traballadores por conta propia dos que só o 21,56% teñen as continxencias profesionais cubertas (os que non as teñen cubertas non constan nas estatísticas oficiais do MEYSS).

Os accidentes en xornada que non son de tráfico, son habitualmente pouco estudados sen dúbida porque non os menciona directamente o MEYSS nas súas estatísticas, aínda que non existe ningunha dúbida sobre que tamén se deben contabilizar entre os accidentes viarios aqueles desprazamentos laborais en xornada realizados por peóns e en medios de transporte distintos do vehículo privado.

Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca RSS