Co financiamento de:
/ Portada / Datos estatísticos

Novo informe sobre saúde mental no traballo trala COVID-19

13-02-2024 - Axencia Europea para a Seguridade e a Saúde no Traballo

A pandemia de COVID-19 afectou enormemente o mundo laboral. O presente informe ofrece as conclusións da análise das enquisas europeas sobre saúde mental no traballo antes, durante e despois da pandemia. As achegas máis significativas refírense ao impacto diferenciado en determinados sectores, tipos de traballo, subgrupos de persoas traballadoras e xénero, dixitalización e á importancia de que as organizacións apliquen de maneira proactiva as medidas de seguridade e saúde no traballo. O novo informe ofrece información valiosa para tomar decisións con coñecemento de causa a fin de previr e abordar os problemas de saúde mental relacionados co traballo.

Abordar a saúde mental relacionada co traballo converteuse nunha necesidade máis perentoria tras a pandemia. O último informe da EU-OSHA ofrece unha análise en profundidade das enquisas europeas centradas na saúde mental no lugar de traballo, que abarca os períodos de antes, durante e despois da pandemia. Inclúe datos da enquisa «OSH Pulse 2022», na que participaron máis de 27.000 persoas traballadoras de todos os Estados membros da UE, Islandia e Noruega.

Ligazón ao informe A saúde mental no traballo despois da COVID-19: o que as cifras europeas nos revelan. (En inglés)

Ligazón ao resumo A saúde mental no traballo despois da COVID-19: o que as cifras europeas nos revelan. (En inglés)

Ligazón á enquisa OSH Pulse 2022

 

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS