Financiado por:
/ Portada / Datos estatísticos

Módulo ad hoc da EPA

11-03-2014 - Enquisa de poboación activa

A Enquisa de Poboación Activa (EPA) é unha investigación continua e de periodicidade trimestral dirixida ás familias e realizada polo Instituto Nacional de Estatística desde 1964 para obter datos da forza de traballo e das súas diversas categorías (ocupados, parados), así como da poboación allea ao mercado laboral. Desde o ano 1999, esta enquisa compleméntase cos denominados módulos ad hoc (literalmente, do latín: para isto). As enquisas ad hoc son as que se deseñan para alcanzar un obxectivo específico, non xeralizable nin utilizable para outros propósitos.

Os temas destes módulos específicos cambian cada ano e serven, fundamentalmente, para ofrecer indicadores necesarios para o emprendimiento
de iniciativas políticas europeas, entre as que se atopan a Estratexia Europea de Emprego, a iniciativa Mocidade en Movemento e a Estratexia para a Igualdade entre Mulleres e Homes, a Axenda Europea para a Integración, o Paquete de Emprego e Europa 2020.

Nesta ligazón da EPA pódese acceder aos informes publicados até agora, que aparecen relacionados a continuación:

Ano 1999. Accidentes e enfermidades laborais.


Ano 2000. Transición da educación ao mercado laboral.


Ano 2001. Relacións laborais especiais e de condicións e horarios de traballo.


Ano 2002. Persoas con discapacidade e a súa relación co emprego.


Ano 2003. Cursos de educación/formación recibidos nos últimos 12 meses.


Ano 2004. Organización e duración da xornada laboral.


Ano 2005. Conciliación entre a vida laboral e familiar.


Ano 2006. Saída do mercado laboral e transición cara á xubilación definitiva.


Ano 2007. Accidentes de traballo e enfermidades profesionais.


Ano 2008. Situación dos inmigrantes e os seus fillos en relación co mercado laboral.


Ano 2009. Módulo incorporación dos mozos ao mercado laboral.


Ano 2010. Módulo sobre conciliación entre a vida laboral e familiar.


Ano 2011. Módulo sobre problemas de saúde e a súa relación co emprego.


Ano 2012. Módulo de transición da vida laboral á xubilación.


Ano 2013. Accidentes laborais e outros problemas de saúde relacionados co traballo (Non incluído aínda. Ver resumo en inglés en Eurostat).


Ano 2014. Situación dos inmigrantes e os seus fillos en relación co mercado laboral. (Non incluído aínda. Ver resumo en inglés en Eurostat).

 

Fonte: ergaonline, INSHT

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS