Financiado por:
/ Portada / Datos estatísticos

Informe sobre sinistralidade de traballadores/as cedidos por empresas de traballo temporal. Ano 2011

25-04-2012 - INSHT

Con data de abril de 2012 o INSHT ven de facer público un traballo no que se recollen os datos de sinistralidade de traballadores e traballadoras cedidos por empresas de traballo temporal. Foron analizados en total 8.579 accidentes ocurridos, entre os meses de xaneiro e decembro de 2011. Destos, 868 (10,1%) se produciron nos traxectos de ida ou volta do traballo.

Dos 7.711 Accidentes de Traballo en Xornada de Traballo: A maioría foron leves (99,5%), aínda que tamén se rexistraron 32 accidentes graves e 3 mortais. Un 72,3% dos accidentados foron homes e unhas 27,7% mulleres. Un 21,1% déronse entre traballadores de nacionalidades diferentes á española. Na distribución do AT por sector destaca Industria (acumulou o 50,6% dos AT), seguido de Servizos 34,2%, Agrario 13,9% e Construción 1,4%. Por seccións de actividade son as Industrias manufactureras as que máis casos acumularon (case o 50% sobre o total de AT). Os sobreesfuerzos representaron o 34,5% dos AT, afectando sobre todo a peóns. Entre os AT graves, segundo forma de contacto, destacan 8 atrapamientos e 6 amputacións. O tres accidentes mortais responderon ás denominadas formas non traumáticas. Os índices de incidencia foron bastante estables ao longo do período, aínda que parece existir certa tendencia decreciente que vén manifestándose desde xullo de 2011.Destacan leves incrementos da incidencia nos meses de marzo, maio e xullo, sendo maio o mes con maior índice situándose en 434,6 AT por cada 100.000 traballadores cedidos por ETTs e de 258,5 por cada 100.000 relacións laborais.

Podes acceder ao documento no arquivo adxunto.

Fonte : INSHT

Documentos

Informe sobre sinistralidade dos traballadoresas cedidos por empresas de traballo temporal 2011. INSHT.pdf
Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS