Financiado por:
/ Portada / Datos estatísticos

Informe sobre o estado da seguridade e saúde laboral no Estado español 2014

05-02-2016 - INSHT

A edición do "Informe sobre o Estado da Seguridade e a Saúde no Traballo de 2014" recompila as máis relevantes actividades desenvolvidas durante o ano en cuestión polas Institucións Públicas que integran o Sistema Nacional de Prevención, isto é, a Inspección de Traballo e Seguridade Social, a Fiscalía Especializada, as Comunidades Autónomas, a Fundación para a Prevención de Riscos Laborais, a Comisión Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo e o Instituto Nacional de Seguridade e Hixiene no Traballo. Así mesmo, se detallan as máis importantes novidades normativas e os avances na regulación a través dos convenios colectivos da materia de seguridade e saúde no traballo.

O informe traballa coas estatísticas de danos á saúde con especial referencia aos accidentes de traballo e enfermidades profesionais.

Ligazón ao Informe sobre o estado da seguridade e saúde laboral no Estado español. 2014 

 

Pode accederse aos informes dos anos anteriores a través da ligazón: Informes sobre o estado da seguridade e saúde laboral no Estado español

Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca RSS