Financiado por:
/ Portada / Datos estatísticos

Informe sinistralidade laboral Galiza 2011

29-06-2012 - ISSGA

Nesta monografía ofrécese un compendio dos datos de sinistralidade laboral en Galiza durante o ano 2011. Esta publicación elaborouse coa información obtida dos partes de accidentes de traballo e enfermidades profesionais notificados á autoridade laboral galega mediante os sistemas Delt@ (Declaración Electrónica de Traballadores Accidentados) e CEPROSS (Comunicación de Enfermidades Profesionais na Seguridade Social), dos traballadores afiliados á Seguridade Social que teñan cubertas as ditas continxencias.

A información atópase agrupada baixo os epígrafes:
• Accidentes de traballo con baixa
• Accidentes de traballo mortais
• Enfermidades profesionais
• Variación interanual dos accidentes con baixa en xornada de traballo ocorridos nos últimos dez anos
• Índices de incidencia.

Poden visualizarse os datos no total de Galiza e separados por provincias.

Ligazón ao documento Informe sinistralidade laboral Galiza 2011

Fonte: ISSGA

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS