Co financiamento de:
/ Portada / Datos estatísticos

Informe de sinistralidade no transporte terrestre e por tubaxe

20-05-2022 - INSST

O presente informe ten como obxectivo coñecer e avaliar a sinistralidade e as condicións de traballo existentes nas actividades de transporte terrestre e por tubaxe. Para iso analízanse os aspectos máis relevantes en relación coa estrutura demográfica e sinistralidade.

A colección de informes de “Actividades Prioritarias en función da sinistralidade”, elaborada polo Departamento de Investigación e Información do INSST, prioriza as actividades económicas en función de dous parámetros: o índice de incidencia de accidentes de traballo ocorridos durante a xornada de traballo e que cursan con baixa que presenta e o número de traballadores/as que desenvolven o seu traballo nela. Isto permite dirixir as intervencións preventivas para focalizalas sobre aquelas actividades máis vulnerables e que aglutinan un maior número de persoas traballadoras que poidan beneficiarse delas.

O Observatorio Estatal de Condicións de Traballo (OECT), na súa misión de analizar de forma detallada a sinistralidade laboral, decide abordar o estudo dunha das actividades económicas tradicionalmente situada nunha posición destacable nos informes da colección mencionada: o transporte terrestre e por tubaxe.

Ligazón ao informe Informe de sinistralidade no transporte terrestre e por tubaxe

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS