Financiado por:
/ Portada / Datos estatísticos

Informe de sinistralidade de traballadores cedidos por ETTs. Resultados do primeiro semestre 2016

25-11-2016 - Observatorio Estatal de Condicións de Traballo

Neste informe nalizáronse 6.654 Accidentes de Traballo ocorridos, entre xaneiro e xuño de 2016, en traballadores cedidos por empresas de traballo temporal (ETT). Destes, 681 (10,2%) producíronse ao ir ou volver do traballo.

Dos 5.973 Accidentes de Traballo en Xornada de Traballo rexistráronse 27 accidentes graves (5 máis que os ocorridos no mesmo período de 2015) e 3 accidentes mortais (2 máis que os ocorridos no mesmo período de 2015).

Dos 27 accidentes graves por ocupación destacan 8 deles que se deron entre peóns da Industria manufactureira, 5 en peóns do transporte e descarga e 3 en peóns agrícolas.

 Segundo forma de contacto, destacan 7 casos codificados como "quedar atrapado, esmagado, sufrir amputación".

Os tres accidentes mortais rexistrados corresponderon ás denominadas "formas non traumáticas".

Un 78,3% dos accidentados foron homes e unhas 21,7% mulleres.

Na distribución dos accidentes por sector destaca Industria co 49,2%, seguido de Servizos co 33,2%, o sector Agrario co 16,7%  e a Construción co 0,9%.Os sobreesfuerzos representaron o 37,7% dos accidentes.

En termos comparativos, durante o primeiro semestre de 2016, o número de traballadores cedidos mensualmente por ETTs é superior ao contabilizado nos mesmos meses de 2015.

Os índices de incidencia mensuais, durante o primeiro semestre de 2016, aínda que con oscilacións estacionales, foron superiores en Industria.

En construción, rexistráronse un total de 53 accidentes entre os traballadores cedidos a este sector.

En termos comparativos, durante o 1º semestre de 2016, os índices de incidencia de ATJT, estimados mensualmente, foron superiores a aqueles estimados nos mesmos meses de 2015 e 2014.

Dende a ligazón accedes ao Informe de sinistralidade de traballadores cedidos por ETTs. Resultados do primeiro semestre 2016.

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS