Financiado por:
/ Portada / Datos estatísticos

Informe de sinistralidade de traballadores cedidos por ETTs. Resultados do primeiro semestre 2014

05-12-2014 - Observatorio Estatal de Condicións de Traballo

A creación, por parte do Instituto Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo (INSHT) do sistema de información de sinistralidade dos traballadores/as cedidos por empresas de traballo temporal susténtase na Disposición adicional decimotercera da Lei 35/2010 de 17 de setembro, de medidas urxentes para a reforma do marcado de traballo. A citada Disposición insta ao INSHT a incorporar nos seus informes periódicos datos específicos que permitan coñecer a evolución da sinistralidade laboral nos traballos ou ocupacións de especial perigo para a seguridade e a saúde no traballo realizados por traballadores/as cedidos por empresas de traballo temporal conforme ao establecido no artigo 8 b) e na disposición adicional segunda da lei 14/1994, de 1 de xuño, pola que se regulan as Empresas de Traballo Temporal.

Do informe poden extraerse os seguintes datos:

Entre xaneiro e xuño de 2014 analizáronse 4176  accidentes de traballo ocorridos, en traballadores/as cedidos por empresas de traballo temporal (ETT). Dos 4176 Accidentes de Traballo (AT) en Xornada de Traballo:
- A maioría foron leves (99,6%), aínda que tamén se rexistraron 24 accidentes graves e dous accidentes mortais.
- Un 76.6% dos accidentados foron homes e unhas 23.4% mulleres.
- Un 22.9% déronse entre traballadores/as de nacionalidades diferentes á española.
- Os sobreesfuerzos representaron o 36.2% dos AT.
- Entre os 12 AT graves, dous deles déronse na actividade agrícola de "Cultivos non perennes". Segundo forma de contacto, destacan dous casos clasificados como "amputacións" e tres como "atrapamientos".


En termos comparativos, durante o primeiro semestre de 2014, os índices de incidencia de Accidentes de Traballo en Xornada de Traballo (ATXT) estimados mensualmente, foron superiores a aqueles estimados nos mesmos meses de 2013. Na distribución do accidente de traballo por sector destaca Industria (acumulou o 44,7% dos AT), seguido de Servizos 31%, Agrario 23.6 % e Construción 0,7%.


Os índices de incidencia de ATXT mensuais sinalan unha maior sinistralidade en Sector Agrario. Paralelamente, destaca, en relación aos mesmos meses de 2012, o incremento da sinistralidade observado no sector Agrario e en Servizos, sendo esta brecha perceptible no último trimestre de 2013. Considerando todos os sectores de actividade da empresa usuaria, obsérvase tanto en 2014 como en 2013, certa tendencia crecente da demanda ao longo do ano, sendo o patrón moi similar en anos precedentes.

Ligazón Informe de sinistralidade de traballadores cedidos por ETTs. Resultados do primeiro semestre 2014

Fonte: Observatorio de Condicións de Traballo

Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca RSS