Financiado por:
/ Portada / Datos estatísticos

Informe de saúde laboral 2001-2010

20-03-2013 - CISAL

A primeira década do século XXI veu marcada polo enorme impacto da crise económica sobre o emprego e, derivado diso, sobre a saúde dunha poboación traballadora que ve como se estancan as melloras nas condicións de traballo e percibe cada vez máis negativamente o seu propio nivel de saúde, a pesar de que a incidencia de lesións de orixe laboral veu descendendo de forma continuada dende o ano 2001.

Os obxectivos que persegue este Informe son:

1) Describir o contexto sociolaboral, as condicións de traballo e os danos á saúde relacionados co traballo durante o período 2001-2010 en España.

2) Considerar o impacto da crise económica iniciada en 2008, comparando as tendencias no subperíodo previo 2001-2007 co posterior de 2008-2010.

3) Propoñer recomendacións que poidan axudar a mellorar as políticas de saúde laboral no estado español.

Dende o enlace accedes ao "Informe de saúde laboral 2001-2010"

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS