Financiado por:
/ Portada / Datos estatísticos

Informe anual de accidentes de traballo no Estado español. Ano 2012

02-10-2013 - INSHT

O Observatorio Estatal de Condicións de Traballo ven de publicar o Informe anual de accidentes de traballo no Estado español do ano 2012.

O Observatorio Estatal de Condicións de Traballo no seu labor de proporcionar e difundir o coñecemento rigoroso dos factores que poidan influír nos riscos laborais, así como realizar o estudo en profundidade da sinestralidade laboral para orientar de forma máis eficaz as políticas públicas preventivas e realizar o seguimento e valoración das mesmas, elabora e publica anualmente este informe para analizar as cifras consolidadas de accidentes de traballo, relacionándoas cos sectores de actividade, a idade dos accidentados, os tipos de contratación, o tamaño das empresas, etc., focalizando aqueles factores ou grupos que merecen maior atención tanto no estudo coma na aplicación de medidas preventivas.

Acceso ao Informe anual de accidentes de traballo no Estado español. Ano 2012

Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca RSS