Co financiamento de:
/ Portada / Datos estatísticos

Informe anual de accidentes de traballo no Estado 2022

04-09-2023 - INSST

Durante o ano 2022, rexistráronse no Estado 653.510 accidentes de traballo con baixa. A maioría producíronse durante a xornada laboral, en concreto 571.274 accidentes, que supoñen o 87,4 %. O resto, 82.236 accidentes, tiveron lugar durante o traxecto do domicilio ao centro de traballo ou viceversa; son os que se denominan accidentes de traballo con baixa in itínere.

Do total dos accidentes de traballo con baixa en xornada de traballo, 537.214 sufríronos a poboación traballadora asalariada, que supoñen o 94,0% destes accidentes. A poboación que traballa por conta propia sumou 34.060 accidentes con baixa en xornada de traballo e representan o 6,0 % dos mesmos.

O sector de actividade con maior índice de incidencia foi Construción, que supera en máis do dobre a media dos índices sectoriais.

O 29,7 % dos accidentes en xornada de traballo foron debido a sobreesforzos físicos, seguidos dos golpes ou choques contra un obxecto inmóbil (traballador/a en movemento) (25,2 %) e dos choques ou golpes contra obxecto en movemento (15,2 %).

No ano 2022 producíronse 711 accidentes de traballo mortais en xornada de traballo, que representan o 0,1 % dos accidentes de traballo sufridos polo conxunto dos traballadores/as asalariados.

Ligazón ao Informe anual de accidentes de traballo no Estado 2022

 

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS