Financiado por:
/ Portada / Datos estatísticos

Informe anual de accidentes de traballo no Estado 2020

26-10-2021 - INSST

Durante o ano 2020 rexistráronse no Estado 505.528 accidentes de traballo con baixa. A maioría producíronse durante a xornada laboral, en concreto 446.195 accidentes, que supoñen o 88,3 %. O resto, 59.333 accidentes, tiveron lugar durante o traxecto do domicilio ao centro de traballo ou viceversa; son os que se denominan accidentes de traballo con baixa in itínere. Do total dos accidentes de traballo con baixa en xornada de traballo, 416.437 sufríronos traballadores/as asalariados/as, que supoñen o 93,3 % destes accidentes. Os traballadores/as por conta propia sumaron 29.758 accidentes con baixa en xornada de traballo e representan o 6,7 % dos mesmos.

Durante o ano 2020, a sinistralidade laboral viuse directamente afectada pola irrupción do virus do SARS- CoV-2. A crise derivada da pandemia precisou a adopción de diversas restricións laborais e sociais en España, que repercutiron sobre a poboación traballadora. Como consecuencia deste impacto, os datos que se reflicten neste informe teñen un carácter excepcional.

Ligazón ao Informe anual de accidentes de traballo no Estado 2020

 

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS