Financiado por:
/ Portada / Datos estatísticos

Informe anual de accidentes de traballo no Estado 2019

20-11-2020 - INSST

No presente informe analizaranse por separado os accidentes de traballo dos traballadores/as asalariados/as e os traballadores/as por conta propia. Durante o ano 2019, rexistráronse 650.602 accidentes de traballo con baixa. A maioría producíronse durante a xornada laboral, en concreto 562.756 accidentes, que supoñen o 86,5%. O resto, 87.846 accidentes, tiveron lugar durante o traxecto do domicilio ao centro de traballo ou viceversa; son os que se denominan accidentes de traballo con baixa in itínere.

Do total dos accidentes de traballo con baixa, 529.421 sufríronos traballadores/ as asalariados/ as, que supoñen o 94,1% destes accidentes. Os traballadores/ as por conta propia sumaron 33.335 accidentes con baixa en xornada de traballo, e representan o 5,9% dos mesmos

Neste  testo explóranse variables do parte de accidente, tales como o sector, a gravidade do accidente, a actividade económica da empresa, a tipoloxía do accidente, etc., o que nos ofrece unha fotografía xeral de como se producen os accidentes laborais no Estado.

Ligazón ao Informe anual de accidentes de traballo no Estado 2019

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS