Co financiamento de:
/ Portada / Datos estatísticos

Infografías Saúde Laboral 2022

30-10-2023 - INSST

O INSST pon ao dispor as Infografías: Accidentes laborais de tráfico, Accidentes de traballo con baixa en xornada de traballo e Accidentes de traballo con baixa en xornada de traballo, segundo forma, sexo, idade e gravidade. Son resumos baseados en imaxes e gráficos con datos básicos do tema de saúde laboral considerado, que sitúan ao lector nun coñecemento esencial da materia en cuestión. Requiren coñecementos básicos para a súa interpretación e pretenden ser un recurso máis para a sensibilización e a prevención.

É habitual que unha situación poida avaliarse de forma numérica con máis dun indicador estatístico, ou que necesite varios para facelo de forma adecuada; é tarefa do INSST achegar a información estatística á maior parte de usuarios posible, e con este obxectivo presenta estas tres infografías.

Accidentes laborais de tráfico:

Nesta infografía represéntase mediante gráficos e de maneira simplificada os datos sobre os Accidentes laborais de tráfico do ano 2022.

Ligazón á Infografía: Accidentes laborais de tráfico. INSST 2022

Accidentes de traballo con baixa en xornada de traballo segundo sectores e tipo de contrato:

Esta infografía sintetiza, xunto coa infografía Accidentes de traballo en xornada de traballo, forma, sexo, idade e gravidade, a información contida no exhaustivo Informe anual de accidentes de traballo no Estado 2022.

Ligazón á Infografía: Accidentes de traballo con baixa en xornada de traballo segundo sectores e tipo de contrato. INSST 2022

Accidentes de trabajo con baixa en xornada de traballo segundo forma, sexo, idade e gravidade:

Esta infografía sintetiza, xunto coa infografía Accidentes de traballo en xornada de traballo segundo sector e tipo de contrato do ano 2022, a información contida no exhaustivo Informe anual de accidentes de traballo no Estado 2022.

Ligazón á Infografía: Accidentes de trabajo con baixa en xornada de traballo segundo forma, sexo, idade e gravidade - INSST 2022

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS