Financiado por:
/ Portada / Datos estatísticos

Incremento da sinistralidade no Estado español nos dous primeiros meses de 2015

08-05-2015 - DATOS ESTATÍSTICOS

Segundo os datos que publica o Ministerio de Emprego se contabilizaron ata febreiro 76.225 accidentes laborais con baixa, un incremento do 3,2% con respecto ao mesmo período do ano anterior; o índice de incidencia descende lixeiramente, 0,1%, ao terse incrementado tamén o número de traballadores asegurados.

Un total de 76 traballadores/as faleceron a consecuencia dun accidente laboral nos dous primeiros meses do ano, 19 menos que que no mesmo período do ano pasado. Dos falecementos, 60 se produciron durante a xornada de traballo, nove menos que ata febreiro de 2014; os restantes 16 accidentes mortais rexistrados tiveron lugar "in itínere", 10 menos que no mesmo período do ano anterior.

Se temos en conta o total dos accidentes, 65.397 se produciron no lugar de traballo, un incremento do 2,7 con respecto ao mesmo período do ano anterior, e 10.827 "in itínere", un 6,4% máis.

Os accidentes leves con baixa no posto de traballo sumaron  64.854 ata febrero, un 2,7% máis, e os graves alcadaron os 483, un 5,7% menos. No caso dos sinistros "in itínere", rexistraronse 10.684 accidentes de carácter leve (+6,8%) e 127 graves (-11,8%).

Por tipoloxía, destacar que dous de cada tres accidentes con baixa en xornada de traballo deberon a sobreesforzos físicos ou a choques ou golpes contra obxectos inmóbiles.

Notificáronse 101.578 accidentes sin baixa, un 1% máis que en igual período do ano anterior.

En relación aos accidentes "in itínere" un pouco máis da metade foron debidos a accidentes de tráfico; o resto tiveron orixe noutro tipo de circunstancias sucedidas nos traxectos de casa ao traballo ou do traballo a casa.

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS