Co financiamento de:
/ Portada / Datos estatísticos

Factores de risco de cancro no ámbito laboral en Europa – primeiras conclusións da Enquisa sobre a exposición das persoas traballadoras

29-02-2024 - Axencia Europea para a Seguridade e Saúde no Traballo

A Axencia Europea para a Seguridade e Saúde no Traballo (EU-OSHA) realizou unha ampla enquisa sobre a exposición das persoas traballadoras a factores de risco de cancro en Europa en seis Estados membros da UE: Alemaña, Irlanda, España, Francia, Hungría e Finlandia. O obxectivo desta publicación é presentar os primeiros resultados da enquisa e ofrecer unha visión xeral do tipo de información que pode obterse a partir dos datos da enquisa.

A enquisa sobre a exposición das persoas traballadoras a factores de risco de cancro en Europa (WES) calcula a probabilidade de exposición das persoas traballadoras durante a última semana de traballo a vinte e catro factores de risco de cancro coñecidos, incluídos os produtos químicos industriais, as substancias e mesturas xeradas por procesos e os factores de risco físicos. As exposicións profesionais máis frecuentes, entre os vinte e catro factores de risco de cancro considerados na enquisa, foron: a radiación ultravioleta (UV) solar, as emisións de motores diésel, o benceno, a sílice cristalina respirable e o formaldehído, seguidos do cromo hexavalente, o chumbo e os seus compostos inorgánicos, e o po de madeira.

A lexislación europea de protección das persoas traballadoras aborda moitos destes factores de risco. Os datos da enquisa WES complementan outras fontes de datos, como as medicións no lugar de traballo, e proporcionan información sobre as persoas expostas e as circunstancias de exposición máis frecuentes, a fin de permitir unha mellor prevención nos lugares de traballo. Os resultados da enquisa WES proporcionarán información valiosa no contexto de futuras propostas de modificación da Directiva sobre axentes carcinóxenos, mutáxenos e reprotóxicos (CMR) durante o traballo1 e, deste xeito, contribuirán á loita contra o cancro no ámbito laboral.

A información actualizada sobre as exposicións profesionais a determinados factores de risco de cancro, comparables entre países, tamén servirá de apoio a un da obxectivos clave do Marco estratéxico da UE en materia de saúde e seguridade no traballo 2021-2027 sobre a mellora da prevención das enfermidades relacionadas co traballo, en particular o cancro, e contribuirá ao Plan Europeo de Loita contra o Cancro e á iniciativa da Folla de roteiro da UE sobre carcinóxenos.

Ligazón á “Enquisa sobre a exposición das persoas traballadoras a factores de risco de cancro en Europa”

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS