Co financiamento de:
/ Portada / Datos estatísticos

Enquisa Europea de Condicións de Traballo 2021. Datos España

05-12-2023 - INSST

A Enquisa Española de Condicións de Traballo do ano 2021 baséase na explotación das entrevistas realizadas a 2.903 persoas traballadoras en España, no marco da Enquisa Europea sobre Condicións de Traballo ou European Working Conditions Survey (EWCS), levada a cabo pola Fundación Europea para a Mellora das Condicións de Vida e de Traballo (Eurofound).

Dita enquisa permite recoller datos fiables e comparables entre todos os países participantes, sendo os seus principais obxectivos os seguintes:

-     Avaliar e cuantificar de forma harmonizada as condicións de traballo da poboación traballadora, tanto por conta allea como por conta propia.

-     Analizar as relacións entre diferentes aspectos das condicións de traballo.

-     Identificar os grupos de risco, as cuestións motivo de preocupación e os avances logrados.

-     Supervisar as tendencias mediante a provisión de indicadores homoxéneos nesta materia.

-     Contribuír á formulación de políticas europeas en materia de calidade do traballo e emprego.

Debido á pandemia do ano 2020 provocada polo Covid-19, a enquisa que debería realizarse durante ese ano houbo de pospoñerse, introducíndose un cambio importante na metodoloxía, que supuxo que as entrevistas cara a cara que normalmente se usaban fosen substituídas por entrevistas telefónicas. Este cambio metodolóxico substancial non permite comparar con edicións anteriores da enquisa, sendo limitadas as opcións de análises de tendencias ao longo do tempo.

Ligazón á Enquisa Europea de Condicións de Traballo 2021. Datos España. INSST 2023

 

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS